xoves, 4 de febreiro de 2010

Senior: Atl. Sobrado 1 - Cerceda B 2

Partido dos que fan afección ó vivido na tarde do domingo no Municipal sobradés. O equipo de Cerceda, un dos que mellor trata o balón da categoría visitaba Sobrado coa premisa de gañar para non perder comba dos postos de ascenso. A primeira metade foi para o cadro que adestra Manuel Mosquera, impoñendose en toque e velocidade ó Atlético Sobrado. O filial do equipo de 3ª división ten dous "puñais" por banda dereita, tanto o lateral dereito coma o seu capitán e interior dereito Suso, amosaron que a velocidade é un dos seus puntos fortes, por suposto esta gran potencia convinana a perfección con excelente toque de balón polo que calqueira dos dous pode chegar a xogar en categorías importantes do fútbol galego e quen sabe se nacional...
O único gol da primeira metade ía chegar logo de que o dianteiro cercedés andivese máis rápido que a defensa e o porteiro local e aproveitou un balón morto escorado no pico da área pequena para mandalo ó fondo da rede.
Co 0-1 chegouse o tempo de lecer. Un descanso no que Fer faría 3 trocos a vez e entrarían Pichi, Luis e o xuvenil Diego Fragío, precisamente este último sería o autor do gol do empate logo de unha excelente xogada de Luis, que andivo pillo e rouboulle a carteira o lateral esquerdo visitante cando este protexía o esférico para que saise a saque de porta, o excelente centro de Luis foi rematado por cabeza polo xogador xuvenil que debutaba na tarde do domingo co primeiro equipo. O C.A.S.X. na segunda metade creou moitas e boas ocasións de perigo pero ningunha máis chegou o fondo da rede. O Cerceda B faría o 1-2 aproveitando unha veloz contra onde un dos seus dianteiros chegou a un balón dividido antes que Cuadrado e mandou o esférico ó fondo da rede. Non faltaría a polémica no partido, pois co 1-2 no marcador e faltando 20 minutos, o dianteiro sobradés David marcou un auténtico golazo de chilena pero o colexiado anulouno o interpretar que había xogo perigoso na acción. Dende a nosa posición na grada pareceunos que o colexiado equivocouse pois entre David e o defensa había máis de 1 metro de distancia..., o caso é que o tanto non subiu o electrónico.
O C.A.S.X. seguiuno intentando pero non puido ser e a pesares da derrota o partido deixou un bo sabor de boca entre a parroquia local polo gran espectáculo futbolístico que ofreceron ámbolos conxuntos. O Cerceda B se ten sorte merece subir pois a verdade é que o seu fútbol dignifica moito a nosa categoría.

Sorte!

Ningún comentario: