xoves, 25 de marzo de 2010

Atl. Sobrado 3 - CCD Curtis 1


Pésimo partido do equipo local que aínda así viuse compensado coa victoria. O equipo estivo desganado e cansado (quizais pesou ter que disputar o partido do Queixas venres e o partido do Curtis o domingo).
Houbo moitas imprecisións e erros nas marcas. Miguel Liboreiro sería o encargado de abrir a lata cando ía pouco máis de media hora de encontro, o fino medio centro sobradés enganchou un balón un pouco máis atrás do punto de penalti e golpeu con solvencia facendo que o porteiro visitante so puidera seguir o esférico coa mirada.
Un minuto máis tarde empataría o Curtis logo de unha imprecisión e mala colocación en defensa.
2 minutos antes de chegar o intermedio Chino sería obxeto de un claro penalti. Sería o propio Chino o encargado de efectuar o lanzamento, o porteiro curtense adiviña o lanzamento e fai unha gran parada pero e rexeite vólvelle a caer o xogador marelo e desta vez non perdoa e pon o 2-1 no marcador.
Na segunda metade máis do mesmo, mala imaxe, desgana e cansanzo. O colexiado non lle ía a zaga e fixo un partido lamentable en todos os aspectos: mal colocado, lento e errático nas apreciacións que levantaron as iras do público local. Miguel Liboreiro foi cosido a patadas todo o encontro sen que o trencilla amosase cartóns os rivais por esta actitude, xa mediada a segunda metade Miguel sufre unha dura falta, xa canso de tanta patada o medio centro repele a patada, o colexiado ahí si que estivo rápido e amosalle cartón vermello directo a Miguel pero deixa impune a patada ó xogador visitante..., de risa.
Chino preto do final sentenciaría o encontro nun balón que recolle a uns 9 metros da portería o seu forte lanzamento entrou rozando o longueiro.
Pero o colexiado voltaría a ter o seu minuto de gloria con outra expulsión; Roy chega tarde a un balón e fai falta a un rival, o colexiado, de novo rápido e precipitado para amosar vermellas manda a Roy as duchas para sorpresa de todos cando pensabamos que un cartón marelo sería máis que suficiente..., abucheos o colexiado, protestas e final do encontro. Un encontro pésimo en todos os sentidos no que perdemos a tres xogadores: os dous expulsados e David que viu o quinto cartón marelo polo que Fer terá que facer malabarismo para poder ter 5 xogadores senior no campo o vindeiro partido.
O único positivo foron os 3 puntos.

Ningún comentario: