martes, 9 de marzo de 2010

Senior: Atl. Sobrado 2 - Boimorto C.F. 4

Pésima imaxe a dada polo Atl. Sobrado no derbi fronte o Boimorto. O equipo saiu frío o campo e fixo o peor partido da tempada con moita diferencia. Os 5 minutos xa perdía por 0-2 logo de dous erros monumentais da parcela defensiva. Con ese resultado chegouse o descanso.
Pero a torrixa seguiría na segunda metade ata chegar ó 0-4 con 4 tiros do Boimorto a portería e a pesares de que en ningún momento o equipo rival tivo a posesión do esférico pero os gravísimos erros dos marelos condenaron o partido.
Chino, que volvía logo de 2 meses lesionado estrelou unha potente volea no traveseiro e faltando 15 minutos para o final do encontro o xuvenil Diego Fragío recurtaría diferencias nun man a man fronte o porteiro visitante.
O Boimorto estivo a piques de marcar o 5º gol pero o lanzamento pegou no pao, na espalda de Cuadrado e de novo o pao para que finalmente Cuadrado agarrase o esférico.
O colexiado comeuse un claro penalti por man de un defensa visitante logo de un remate de Esteban que todo o mundo viu menos o colexiado. Xa no tempo de desconto, Nacho sufriría un penalti logo de que un defensa rival que fixese a zancadilla cando encaraba portería. O penalti tivo que ser lanzado 2 veces. Na primeira Chino lanzou e o porteiro visitante Carlos atallou o disparo pero o colexiado mandou repetir pois antes do lanzamento de Chino xa había 2 defensas do Boimorto preto do punto de penalti. Volveu a lanzar Chino e desta volta si que establecería o 2-4 final. Non houbo tempo para máis e o colexiado decretou o final do encontro.
Partido pésimo do Sobrado que agardemos que non se repita, sen lugar a dúbidas o peor encontro da tempada con moita diferencia.

Ningún comentario: