martes, 28 de setembro de 2010

Bo comezo de campaña da Mákina Amarilla


Excelente comezo do Atlético Sobrado Xuventude senior nos 4 primeiros partidos ligueiros. O equipo que adestra Fer aínda non coñece a derrota. Logo do empate na primeira xornada ligueira fronte un dos favoritos ó ascenso, o S.E. Abellá SDC, na segunda xornada visitaba o difícil feudo do Toques C.F. O equipo marelo comezou perdendo 2-0 pero nos instantes finais de encontro primeiro Chino de lanzamento de falta e xa no desconto Pablo Naveira de vaselina rescatarían un punto logo de ver a derrota moi preto.
Na terceira xornada visitaba o día grande das festas dos Dolores a SD Pontecarreira que amablemente accedeu a retrasar o partido ata as 18.30 horas para que houbese un pouco máis de marxe nos xantares dos nosos xogadores. Bo partido do equipo marelo que venceu 3-1 con goles de Pablo Naveira por partida dobre e Chino que marcou un soberbio golazo. A boa nova foi o retorno de David que estaba aqueixado de dores na espalda e de Miguel Liboreiro que debutaba así en liga. Chegaba pois a primeira victoria da tempada
O pasado sábado o C.A.S.X. visitaba o campo das Encrobas (Cerceda) para enfrontarse o equipo local, tras marrar moitas ocasións claras o equipo marelo resolveu o partido a 5 minutos do final de un xeito pouco usual, o central Iván Cabado marcaba de falta desde medio campo por toda a escadra cando parecía que o resultado inicial sería tamén o final. Segunda victoria da tempada e catro partidos ligueiros: catro partidos invicto.
Este domingo 3 de outubro visita o feudo sobradés un equipo novo na categoría, o Sporting Bergondo, a partires das 16.30 horas, recordemos que coa chegada do meus de outubro os horarios de inicio dos encontros establecidos pola Federación Galega de Fútbol adíantanse media hora.
FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: