
Chino
Ángel Espido "Chino" erixiuse no protagonista do encontro na primeira xornada ligueira da tempada 2010/2011 que tivo comezo este domingo no Municipal de Sobrado.Un Atlético Sobrado plagado de baixas no primeiro equipo tivo que surtirse de ata 7 xogadores do equipo xuvenil para poder ter unha convocatoria de 14 xogadores. Esteban, Pichi, Mario, Luis, David, Iván Cabado, Antonio, Diego Amil, Javi Sánchez e Damián non puideron ser da partida por diversos motivos. Na meirande parte dos casos están lesionados, destacar a Mario que se encontra hospitalizado dende a madrugada do pasado sábado con posible apendicite. Desde o Club Atlético Sobrado Xuventude desexamosche a máis pronta das recuperacións.
A pesares da súa xuventude o C.A.S.X. comezou mellor que o seu rival o encontro, con posesión de balón e a velocidade en ataque que aportan Alberto Márquez "Geme" e o "retornado" Pablo Naveira, precisamente este último xogador sería quen tería a primeira gran oportunidade no minuto 9 do encontro logo de irse por velocidade dos dous centrais visitantes o seu lanzamento dende fora da área sería rexeitado a queimarroupa polo porteiro do equipo de Frades.
No minuto 12 chegaría unha xogada de infortunio para o noso equipo, nun balón aparentemente fácil para o cancerbeiro local Cuadrado, éste non atina a despexar ante a presión de un dianteiro visitante, que lle rouba o esférico e lanza a portería vacía o balón pega no pao dereito da portería, para ir ó esquerdo e finalmente entrar chorando. Chegaba pois un inxusto 0-1.
Pero axiña lle ía igualar a contenda: Chino recolle un balón botando a uns 5 metros da área, pégalle coa alma, o remate bota xusto diante do porteiro e bica a rede logo de pasarlle polo medio das pernas. Facíase xustiza o visto no Municipal sobradés ata o de aquela.
A posesión seguía sendo do Sobrado e o Abellá aproveitaba veloces contras para crear perigo, na primeira metede tivo un par de boas oportunidades para adiantarse pero os seus remates non estiveron atinados.
Pero a primeira parte tería "chicha" en forma de polémica, nun remate local o esférico rebasa claramente a liña de gol mais o colexiado que estaba tapado por un xogador non puido ver que ese lanzamento era o 2-2 polo que non o concedeu.
Miguel Combo nun lanzamento de uns 25 metros rozou o empate antes de ir ó tempo de lecer, o xogador xuvenil lanzou un espectacular traiazo que ía directo á escadra visitante pero o porteiro do Abellá voou para facer un paradón imposible cando a grada xa cantaba o gol. Parabéns.

Ángel Espido "Chino" presionado por un rival
Na segunda metade o Abellá saiu con unha premisa desde o primeiro minuto, perder o maior tempo posible e intentar acobardar o xove equipo sobradés con patadas bruscas e a destempo. Conseguiuno nos primeiros 15 minutos da reanudación pois cada saque de banda tornabase nun tempo inacabable. Pero as tornas viraron e logo de un córner a favor do equipo local un defensa do Abellá intercepta o esférico dentro da área coa man e o colexiado decretou penalti a favor dos locais. Chino sería o executor e acadaría o seu segundo gol da tarde. A partires de esta xogada parte do equipo visitante comezou a ser víctima dos nervos, entrando en descalificacións para o colexiado (que a pesares da chamarlle "ladrón e fillo de puta" non expulsou a ningún integrante do equipo rival), e tamén con críticas os xogadores locais, con comentarios coma que "so aspiraban a un empate" (quizais non estaban a ver como estaba a trascorrer o partido, quizais non se acordaban do gol que o colexiado non dou por válido a prol do CASX na primeira metade, ou ben non querían ver as patadas que estaban a repartir ós nosos xogadores, os que por riba os acusaban de perder tempo, nalgunhas de estas fotos podedes ver a dureza coa que se empregou o equipo visitante, que ten moito máis fútbol e calidade para ofrecer que xogar de este xeito).O esperpento chegou no minuto 75 de encontro cando o capitán visitante xa cambiado quixo levarse os balóns do banquiño local logo de acusar o banquiño do CASX de retardar o ingreso de balóns no campo, o seu adestrador explicoulle que eso non se podía facer..., foi quizais unha das imaxes máis curiosas que se viron no Municipal sobradés nos últimos anos.

O Abellá intentou estirar liñas na procura da victoria mentres o Atlético Sobrado intentaba aproveitar a velocidade da súa dupla atacante para marcar un terceiro gol que lle dese a victoria pero non foi posible e o encontro chegou o seu remate.
Brutal entrada a Pablo Naveira que foi un dos "blancos" preferidos do equipo visitante
O Atlético Sobrado debe sacar unha lectura positiva deste partido (a pesares das numerosas e importantes baixas e de ir por duas veces por debaixo no marcador foi quen de superar as adversidades e dar a cara ante un dos favoritos ó ascenso de categoría) e tamén se debe ver a lectura negativa (portería e defensa deben estar máis conxuntados para non ter os típicos erros de entendemento de principio de tempada).
Para o primeiro partido de liga o míster Fer Torreiro dispuxo este once:
Porteiro: Cuadrado
Lat. Dereito: Iago
Lat. Esquerdo: Diego Fragío
Centrais: Pirulo e Miguel Combo
Medios Centros: Juan e Chino
Interior Esquerdo: Isma
Interior Dereito: Nacho
Dianteiros: Alberto Márquez e Pablo Naveira
Para Cambios: Samuel (PS), Cristian Quintela e Porto.
Para a vindeira xornada o Atlético Sobrado visita o sábado 11 a partires das 17.30 ó C.F. Toques nun apaixoante derbi comarcal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario