luns, 11 de outubro de 2010

Mellor imposible


Fin de semana glorioso para os nosos tres equipos federados. Todos golearon e cabe reseñar que ningún encaixou nin un so tanto polo que amosa ben as claras que tanto o traballo ofensivo coma o defensivo estivo impecable.

2ª Autonómica Xuvenil: Atl. Sobrado 3 - Hércules S.D. 0

Bo comezo de liga para os pupilos de Pirri, que estrean a competición gañando con solvencia o Hércules SD.
Serían 3 xogadores que debutaban co C.A.S.X. en competición oficial os goleadores do encontro. O primeiro en marcar sería Marcos Combo, o cadete de primeiro ano "enchufou" o primeiro balón que tocou. O segundo gol sería obra de Barreiras e para poñer o broche de ouro o encontro sería Maikel xa no desconto o que pecharía unha gloriosa tarde.

Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Atl. Sobrado 3 - Mabegondo C.D. 0

Primeiro partido da actual liga diante da afección para as xogadoras que adestra Hassan e primeira victoria.
De novo Luci que xa marcara a xornada pasada foi quen abriu o marcador para o Atlético Sobrado. Co 1-0 chegaríase o intervalo.
Na segunda metade Tamara en espectacular vaselina faría o 2-0, Patricia Fuentes nun disparo lonxano aproveitando que o Mabegondo estaba xogando con porteira-xogadora marcaría o derradeiro gol do encontro que fai que o Atlético Sobrado se situe con 4 puntos na clasificación xeral logo de dúas xornadas disputadas.

3ª Autonómica senior: A.D. Vilamaior 0 - Atlético Sobrado 4

Visitaba o Atlético Sobrado a un equipo, o AD Vilamaior, que aínda non sabía o que era puntuar nas primeiras 5 xornadas de liga, polo que sabedores de que os locais estarían enrabietados na procura de puntos e de que dispoñen de algúns xogadores de calidade o partido presentabase moito máis compricado do que a priori podería parecer na clasificación polo que Fer incidiu moito ó longo de estes días na concentración e intensidade o longo dos 90 minutos.
Parece que os pupilos do adestrador melidense entenderon esto a perfección pois dende o inicio do encontro buscaron a portería rival con ansía.
Xa no primeiro minuto Pablo Naveira tería un man a man co porteiro local logo de un excelente pase de David pero o seu lanzamento foi detido con acerto polo cancerbeiro.
Tan so 30 segundos despois o equipo marelo volveu a carga, con un bo centro de Nacho que de novo Pablo Naveira rematou de cabeza e que saiu fora por pouco. Os marelos seguían a apretar e logo de unha boa xogada por banda dereita entre Geme e Pichi, este último chuta dende fora da área pero o seu tiro sae desvíado.
Sería no minuto 7 cando a "Makina Amarilla" abriría a lata: falta sufrida por Pablo Naveira que executa con mestría Iago e David con un excelente remate de cabeza marca un auténtico golazo entrando o esférico por toda a escadra.
O AD Vilamaior tería unha boa ocasión de empatar o encontro a continuación pero Cuadrado nunha colosal estirada desviou o balón a córner.
Puido golpear de novo o C.A.S.X. no minuto 25, de novo Iago, que ten un guante no pé, executa unha falta lateral, o esférico chégalle a Pablo Naveira, que remata en vaselina pero e pelota bate no longueiro e a continuación sae fora.
O dianteiro local Tacón era o que máis perigo creaba nos locais e así no minuto 27 rozou o gol noutra vaselina pero o seu tiro foise fora por pouco.
Iago tamén tivo a súa oportunidade, sería no minuto 32 logo de unha boa xogada de Geme por banda dereita, o onte lateral zurdo acompañou a xogada de ataque, recibeu o esférico e o seu tiro saiulle fora.
Pablo Naveira seguía a insistir no ataque marelo e logo de unha excelente xogada persoal creada en banda esquerda regatea ó seu marcador, adéntrase na área e golpea con forza pero o tiro saiulle desvíado.
Antes de chegar ó descanso o C.A.S.X. tería outra oportunidade clara nun forte saque de banda de Geme que David rematou axustado de cabeza e o porteiro local tivo que desviar a córner. Coa vantaxe mínima no marcado chegábase o descanso. Un resultado curto para o que se estaba a ver no terreo de xogo pero os xogadores marelos eran conscientes de que calqueira erro poderíalles costar a perda dos 3 puntos polo que afrontaron a segunda metade coa mentalización de marcar máis goles e pechar definitivamente o encontro.
Nada máis reanudarse o xogo os 30 segundos, de novo David marcaría un gol de killer, de dianteiro, de saber estar posicionado dentro da área rival, aproveitou que un esférico que en teoría non debía presentar problemas para ser atallado por parte do porteiro local convertiuse nun regalo logo de que se lle escapase das mans ó gardamallas, David aproveitou o envite e marcou coa súa perna menos boa, a zurda o 0-2 no marcador.
No minuto 3 da reanudación sería Pablo Naveira quen tería unha boa oportunidade logo de unha excelente falta botada por Pirulo, pero o incisivo dianteiro non puido facer o 0-3 no seu lanzamento.
O C.A.S.X. seguía intentando facer máis goles, Nacho mandou un remate fora logo de unha falta executada por Geme.
No minuto 60 Cuadrado faría unha espectacular parada logo de un remate de córner do equipo local.
De novo Cuadrado 3 minutos máis tarde sería protagonista logo de deter un taconazo do dianteiro local Tacón (valga a rebundancia) cando os afeccioados locais xa cantaban o gol.
Tería outra ocasión clara o Vilamaior no saque de outro córner pero Geme ben situado quitou o balón case na liña de gol.
No minuto 65 chegaría o gol de máis bela factura da tarde, sería obra de Miguel Liboreiro logo de marcar por toda a escadra unha falta esquinada a uns 5 metros fora da área de castigo.
5 minutos despois o C.A.S.X. pecharía o encontro do xeito que máis lle gusta facelo, en xogada de elaboración, logo de varios toques en medio campo, o balón chegalle a Diego Fragío que lle mete grandioso pase a Pablo Naveira, éste adentrase na área rival e dalle o pase da morte a David, que so tivo que empurrar o balón ó fondo da rede. Hat Trick para David, que suma 5 goles en dous partidos.
Marío tería o 0-5 na súa cabeza pero o esférico saiulle fora logo de un remate de cabeza enfrente do porteiro.
No minuto 83 veríase o derradeiro paradón da tarde: sería obra do porteiro xuvenil Samu, que sustituira a Cuadrado minutos antes, aguantou perfectamente o man a man co dianteiro local que disparou forte pero Samu quitou a relucir a súa fortaleza rexeitando o chut con unha man.
O partido non daría máis de sí e chegouse o final do encontro con 0-4 a prol dos nosos, mesmo resultado a favor que a semana pasada. O equipo de Fer suma 4 partidos gañados e 2 empatados nestas 6 primeiras xornadas ligueiras.

Ningún comentario: