martes, 19 de outubro de 2010

A xornada: algo de todo


Os resultados da fin de semana trouxéronnos algo de todo: victoria do equipo feminino, empate do equipo senior e derrota dos xuvenís (que eso é o que menos importa mentres sí que importa a imaxe barriobaixeira dada polos nosos xogadores, algún parece ser que aínda non ten moi claro o que representa cando viste o noso escudo, que se vaia dando conta se quere...)


Xuvenís: C.S.D. Arzúa 1 - Atl. Sobrado 0

Négome a facer calqueira tipo de crónica deste partido pois moitos dos xogadores xuvenís do noso clube non son dignos dela e ou moito cambian de actitude ou aquí non son benvidos...

Pedir disculpas o equipo rival e ó colexiado do encontro pola actitude de moitos dos nosos xogadores.

Feminino: Atl. Sobrado 7 - Femiordes F.S. 2

Goleada do equipo de Hassan no que por fin estivo o plantel o completo, está claro que dispoñendo de todas as xogadoras ó longo da tempada o equipo pode aspirar o que queira. O encontro decidiuse na segunda metade logo de chegar o Atlético Sobrado ó descanso en mínima vantaxe 2-1.

As goleadoras foron: María Seoane (3), Sara (2), Sandra e Tamara

Senior: Atl. Sobrado 0 - C.D. Mesía 0

Duro partido o visto no Municipal de Sobrado o pasado domingo. O C.A.S.X. estreaba horario (a partires de agora xogará coma local todos os partidos as 17.00 horas do domingo) e parece que non lle sentou ben no rexistro goleador pois foi a primeira vez na tempada que o equipo que dirixe Fer se quedou sen marcar.

O partido comezou co Mesía mellor posicionado no terreo de xogo ca os "marelos" tendo máis posesión de balón nos primeiros dez minutos de encontro. De todos modos nese tempo non inquedou a portería de Cuadrado agás un remate ténue de cabeza de un dianteiro mesián.

No minuto 11 de encontro chegaría a primeira clara ocasión do Atlético Sobrado, centro medido de Nacho desde banda dereita e o pichichi do equipo David empala o esférico sen deixar botar preto da área pequena, o seu lanzamento saiulle moi ó medio e o cancerbeiro visitante rexeitou o esférico cando xa se cantaba o gol.

Volvería á carga o Sobrado no minuto seguinte logo de unha falta sufrida por Pablo Naveira que foi obxeto de cento e unha faltas ó longo do encontro (como é habitual), o lanzamento efectuado por Miguel Liboreiro sairía por riba da portería.

No minuto 21 chegaría outra clarísima ocasión para o cadro local, Pablo Naveira encontrouse un gran balón dentro da área, logo de regatear ó seu par e no momento de poñerse a disparar o esférico bota mal a causa do estado do terreo de xogo e o seu disparo vaise fora cando de novo no público xa se volvía a celebrar gol.

Nacho sería o seguinte en ter unha ocasión, recolleu o balón en tres cuartos de campo e viu o porteiro adiantado pero o seu tiro saiulle floxo e o gardamallas atallou sen problema.

Nese mesmo minuto o Mesía faría o seu segundo lanzamento do partido pero o tiro foise fora.

A partires do minuto 25 a defensa do Sobrado viu un cartón marelo por cada falta que fixo, curiosamente, o colexiado na primeira metade non tivo o mesmo raseiro a hora de medir as tarxetas e mentres o Mesía foise con duas marelas o descanso o Sobrado acumulou 5. O capitán visitante tíñase que haber ido a rúa na primeira metade logo de que con unha amarilla fixese unha dura entrada a Pablo Naveira en medio campo, o colexiado evitou quitarlle o merecido segundo cartón. Sen embargo e cando agonizaba a primeira metade Iván Cabado comete penalti sobre un dianteiro visitante, o noso zagueiro facía 13 minutos que vira un cartón marelo e o colexiado non dubidou un instante e expulsou o bravo defensa. O Sobrado quedábase con 10 home a piques de chegar o descanso e con un penalti en contra.

O porteiro visitante sería o encargado do lanzamento, e ahí emerxeu a figura de Cuadrado que detivo o lanzamento, o posterior rexeite desviaríao Juan a córner. Ahí rematou a primeira metade, con un Atlético Sobrado que sufrira máis faltas que o seu rival pero estaba con un home menos no campo.

No descanso o equipo conxurouse para quitar o partido adiante a pesares de estar un menos, grandiosa a actitude dos xogadores locais, que nos fan sentir orgullosos de que estén baixo a nosa disciplina. Sabíamos que o Mesía coas faltas que estaba a facer non podía rematar o partido cos 11 homes sobre o terreo de xogo, sería inxusto.

O minuto de reanudarse o encontro, Souto que entrou no descanso polo xuvenil Maikel anda máis rápido que un defensa do Mesía, róuballe a carteira no borde da área por banda dereita, adéntrase e cando se dispoñía a dar o pase da morte a David o defensa visitante agarrao pola camiseta derribando. Claro penalti que decretou o colexiado e cartón marelo para o xogador branco.

O executor do penalti sería un especialista, Miguel Liboreiro, o axustado lanzamento foi ó traveseiro e o rexeite non puido ser aproveitado por ningún dos nosos xogadores para batir a rede visitante.

4 minutos despois o Mesía poñería a alma nun puño a parroquia local logo de que un dos seus dianteiros recollese un balón perdido a salida de un córner e estrelase o esférico en toda a cruceta.

Sería no minuto 56 cando de novo lle tocou dar ó Sobrado, de novo Miguel Liboreiro nunha excepcional xogada persoal por banda esquerda vería o porteiro adiantado e coa súa perna menos boa (se é que ten algunha), a esquerda lanza unha perfecta vaselina e de novo o esférico estrélase no traveseiro, non estaba a ter sorte o xogador vigués.

A anécdota do partido chegou no minuto 64, Souto foi a presionar un balón dividido o que o porteiro visitante chegou antes que o noso incisivo interior, cando Souto volvía a súa posición natural e pasar a altura do porteiro este último co balón na man, propinalle un codazo na fronte a Souto, todo o noso equipo protesta, o colexiado dase conta e cando pensamos que ía expulsar o porteiro quítalle cartón marelo???, pero eso non quedou ahí pois en vez de pitar libre indirecto á favor do Atlético Sobrado di que o balón lle pertence ó Mesía e que xa é o non vai máis: ATENCIÓN: o xogo reanudouse con saque de man por parte do porteiro!!!, ó final do encontro o colexiado pediunos disculpas por esta acción recoñecendo con palabras textuais: "ahí metí la gamba".

A partires de aquí o partido endureceríase moito e as protestas, os agarróns e a asistencia os xogadores foi patente, estivo máis tempo o balón parado que en xogo. A última ocasión clara do Mesía sería no minuto 76 cando Pirulo quitou case na liña de gol un lanzamento en vaselina que sobrepasou ó noso gardaredes Carlos, que debutaba en liga e sustituira a Cuadrado uns minutos antes.

No minuto 81 chegaría a expulsión de Carreteras por parte do Mesía, logo de un salto de cabeza na loita do esférico con David, o visitante soltou o codo a paseo, impactou en David, segunda amarilla para o central e "á rúa"..., algo que estaba cantado dende xa había moitos minutos.

A última oportunidade para o Sobrado foi nun remate de David de cabeza no minuto 80 que saiu fora. A partires de aquí continuas faltas, reñas, e como o colexiado non soubo na primeira parte cortar estas accións o partido acabou como tiña que acabar, en gresca entre ambos equipos con empurróns que grazas a Deus a cousa non chegou a maiores. O trenciña en vista da situación dou por finalizado o encontro no minuto 92, sen lugar a dúbidas que foi a acción máis acertada do encontro.

Os equipo retiráronse o vestiario sen máis incidentes e a outra cousa mariposa. O Mesía deixou claro en Sobrado que é un rival incómodo para xogar e que non é doado gañarlles, a ver se para o partido de volta hai máis sorte.

Ningún comentario: