martes, 16 de novembro de 2010

Boa xornada en termos xerais para o noso clube

A xornada da fin de semana tróuxonos 5 victorias, 2 derrotas e un 10ª posto do noso piloto de Enduro Fernando García na derradeira proba do Campionato Galego.

Comezou a xornada o sábado pola mañá cos partidos das Escolas Deportivas, desta volta todas as nosas categorías desprazábanse ó Concello de Paderne.
O equipo benxamín perdeu 4-3 fronte os locais, esta sería a única derrota da mañá pois o resto foron todo amplas victorias. Así polo tanto, o equipo alevín gañou 2-8, o infantil 3-9 e o cadete 4-7.
Xuvenil: Unión Campestre 6 - Atl. Sobrado 0
Dolorosa derrota a encaixa polos homes de Pirri que en ningún momento deron sinais de vida no seu desprazamento a Montrove (Oleiros). Ademáis a impotencia fixo que se sufrisen 3 expulsións que condicionarán o desenrolo do seguinte enfrontamento.
Xa metidos no domingo o equipo de fútbol sala feminino de Liga Provincial deleitou o respetable con unha nova goleada.
Atl. Sobrado 8 - A Fervenza B F.S. 2

Doado partido para as xogadoras que adestra Hassan que xa deixaron decidido o encontro na primeira metade chegando o tempo de lecer gañando 4-1 no electrónico. O preparador sobradés aproveitou o envite para darlle entrada as xogadoras que están ata o de agora a dispoñer de menos minutos.

As goleadoras locais foron Ta (5), María Seoane, María Gómez e Luci.

Polo que respecta a Enduro o noso piloto Fernando García Herrero acadou unha gran calificación na derradeira proba da tempada do Campionato Galego celebrado en Rois, "Nando" clasificouse no 10º posto sumando así 1 punto na Clasificación Xeral do Campionato Galego.

Senior: Visantoña CF 4 - Atl. Sobrado Xuventude 5

Partido tolo, raro, estrambólico e singular onde os haxa o disputado o domingo no Campo de As Brañas en Visantoña (Mesía).

Fer dispuxo para esta ocasión de un esquema 4-1-4-1 para enfrontarse o equipo local. O once inicial foi o formado por Samu en portería, os xemelos Alejandro e Alberto nos laterais e Juan e Iván de centrais, por diante da defensa xogou o capitán Esteban, el liña de medios Chino e Lofre (que debutaba co equipo) polo centro e Souto e Pablo Naveira máis pegados as bandas, de referencia arriba xogou David. Para cambios estaban Cuadrado (PS), Iago, Piru, Maikel e Mario.
O partido comezou da peor maneira posible para o Atlético Sobrado pois aínda non iba un minuto de xogo cando o dianteiro local aproveitou un mal despexe de Samu para encarar portería e marcar o 1-0.
O Atlético Sobrado desde ese intre foi o que levou as ocasións máis perigosas a meta rival. No minuto 3 Pablo Naveira quitaríase da manca un excelente lanzamento que ía directo a escadra pero o cancerbeiro local tivo unha gran resposta facendo unha excelente parada.
O seguinte en ter unha boa ocasión sería Souto no minuto 6 pero o lanzamento foise fora. De novo Souto no minuto 11 volveu a intentar sorte enganchando un bo lanzamento, o seu disparo raso saiu a escasos centímetros do pao.
No minuto 15 Chino tamén o intentaría sen fortuna nun lanzamento raso que saiu centrado e que o porteiro local atallou sen problemas.
O Visantoña faría o seu segundo tiro a portería no minuto 16 con unha falta, o seu lanzamento foise fora por pouco.
De novo de falta no minuto 20 tería o Visantoña outra oportunidade pero desta volta o lanzamento foise bastante por riba da meta de Samu.
Chino no minuto 26 e tamén de falta estivo a piques de lograr o empate pero o porteiro local desviou a córner o lanzamento do "10" sobradés.
No saque do córner a piques estivo de novo de chegar o empate, un defensa local quitou na liña de gol o esférico cando os seguidores visitantes xa estaban a celebrar o gol.
No minuto 28 tocaríalle pegar ó Visantoña, nun remate picado de cabeza que de novo foi fora dos 3 paos da portería visitante.
O 2-0 chegaría no minuto 37, outro mal despexe de Samu fai que un dos dianteiros locais recupere o esférico, escórase a banda esquerda, centra e remata de cabeza picado o 9 local o fondo da rede. Era o segundo tiro entre os 3 paos do Visantoña en todo o encontro e supoñía o segundo gol. O equipo marelo estaba a ser merecedor de algo máis pero o caso era que iba 2 tantos por debaixo no marcador.
No minuto 43 Chino provou de novo sorte pero o seu tiro saiu moi desviado.
Cando xa agonizaba a primeira metade no minuto 44 chegaría o 2-1. Chino executa de xeito maxistral unha falta lateral e sírvelle un balón perfecto a Esteban para que libre de marca na área pequena remate o pao contrario onde estaba o porteiro para reducir diferencias.
Na segunda metade o Sobrado saiu conxurado para non perder o encontro e intentar solventar os erros cometidos nos dous goles na primeira metade.
No minuto 47 Chino fai un floxo tiro raso que o porteiro local solventou sen demasiados problemas. Levaría máis perigo o segundo tiro de Chino na reanudación aló polo minuto 56 con un lanzamento raso que a defensa quitaría in extremis. O Sobrado era dominador do encontro e ansiaba o empate pero este non daba chegado. Habería que agardar ata o minuto 70..., nunha falta lateral a favor do Atlético Sobrado, o balón logo do rexeite de un defensa chega a Pablo Naveira que se encontra escorado a esquerda da portería local, o Visantoña solicitou fora de xogo na acción pero desde a miña posición non me podo pronunciar, o dianteiro de Teixeiro regatea a un defensa e logo a outro (este último ó intentar cortar a progresión de Pablo faille penalti que o colexiado non decreta), Pablo consigue non caer, avanza, chuta e gol, era o empate a 2 goles.
Por fin se comezaba a facer xustiza logo dos meritos de uns e outros pero habería remontada, no minuto 73 Alberto Gemelo fai unha magnífica xogada persoal regateando a banda cambiada a todos os xogadores locais que lle saian ó paso, chega a liña de fondo, da o pase da morte e de novo Pablo Naveira a placer marcaría o 2-3.
No minuto 76 o colexiado do encontro comezaría a adquirir un protagonismo que xa non soltaría ata o final: nun balón dividido o porteiro visitante sae fora da área e chega antes o balón que David, o noso dianteiro que vai moi forzado para non chocar co porteiro visitante tírase para un lado co fin de non mancar o cancerbeiro. O porteiro non entende a acción nun principio pensando que intentou forzar unha falta e dille "eres un piscinero", David explícalle con bos modos o seguinte "joder, tireime para un lado para non darche unha hostia na cara", de repente chega o trenciña e quítalle unha amarilla a David, que supoñía a segunda e polo tanto expulsión. Tras preguntarlle varias veces o motivo do cartón o colexiado dixo que oira "vouche dar unha hostia na cara", patético.
O Visantoña poñería o medo no corpo dos visitantes o estrelar un remate ó largueiro no minuto 78.
Sería dous minutos despois, no minuto 80 cando chegaría o empate a 3 goles noutro regalo dos visitantes. O central do Visantoña David Carreras despexa contundentemente desde o seu campo un balón, o esférico toma unha altura considerable e diríxese a portería visitante, o balón bota fora da área, Cuadrado duda se ir polo balón ou non e finalmente o coiro remata no fondo da rede para desesperación visitante.
No minuto 83 chegaría o 3-4, nun gol de pillería, falta preto do borde da área local, Alberto Gemelo saca en curto o ver libre de marca a Chino, este escorado e de bela factura marca o 4º gol da tarde para o Atlético Sobrado.
O pouco de quitar de centro o Visantoña o noso capitán Esteban leva un forte golpe no seu costado, o golpe non o permite mover, avisa o banquiño para o cambio polo que Fer indícame que en canto se pare o xogo solicite o cambio. Transcorridos uns 30 segundos hai unha falta a favor do Visantoña en liña de tres cuartos, solicítolle o cambio ó colexiado que fai caso omiso, volvo a solicitarlle o cambio e sigue sen facerme caso, xa desesperado bérrolle o colexiado o igual que algúns dos nosos xogadores que están avisando o colexiado que queremos facer un troco pero este ignóranos e manda reanudar o xogo, a xogada acaba en gol do Visantoña polo que Fer indignado diríxese o colexiado berrándolle "árbitro, ¿por qué no nos dejaste hacer el cambio hombre?" "a ver, explícame por qué". O trenciña achegouse o adestrador e expulsao nun claro acto de cobardía logo de non asumir o seu erro o non deixar efectuar o cambio logo de solicitalo insistentes veces.
Unha vez expulsado Fer o colexiado sí que accedeu a que se fixera o cambio, non sen antes parar o xogo e chamarnos os delegados e capitáns para preguntarnos se queríamos seguir xogando ou nos ibamos para a casa o cal nos sorprendeu pois no partido non pasara nada anormal e todo transcurría con deportividade, o único anormal eran os erros técnicos de bulto do colexiado. Durante esa charla (xa no desconto) xogadores de ambos equipos noutro lado do campo estaban a discutir a xogada pero en ningún momento houbo agresións nin insultos, tan so a tensión típica do partido que se estaba a vivir. O colexiado dirixiuse onde estaba o tumulto e para sorpresa de todos quítalle un cartón marelo a David Carreras, central do Visantoña, a esta hora aínda ninguén sabe o porqué, e como era o segundo cartón foi expulsado. A pesares de que a expulsión nos beneficiaba o central doume lástima, estaba case chorando coa impotencia e a verdade é que era totalmente inxusta, non é de recibo facer algo así cando él realmente non lle fixo nada a ningún xogador noso. No anexo arbitral puxo que se encarara con un rival sen chegar o insulto nin a amenaza. O público local como é normal enoxouse moito co colexiado.
A piques de finalizar o encontro hai unha falta lateral preto da noxa área a favor do Visantoña, a xogada de estratexía sae mal e o xuvenil Maikel rouba o balón, velozmente plantase preto da área rival, na contra acompañao Chino, Maikel decide facer xogada individual e chuta, o balón pega no peito do porteiro que saira fora da área para tapar o oco, Maikel ten fortuna e caelle o rexeite, adéntrase na área e cando vai chutar a portería vacía o porteiro derribao e o colexiado sinala os 11 metros e a conseguinte expulsión para o gardamallas local. O xogador Diego Seijas achégase o colexiado e dille "árbitro, ¿qué pitache?, ¿penalty?, o sea que na primeira parte non pitas un que nos fixeron a nos e pitas este..." o xogador local púxolle a man no peito o colexiado pero en ningún momento o empurrou (como él di no anexo arbitral) e tamén decide expulsalo por cartón vermello directo. Estaba a ser un partido subrealista..., logo de 3 minutos de dimes e diretes por fin Chino puido executar o penalti que supoñía o 4-5 e por conseguinte a victoria para o noso equipo. Unha vez rematado o partido o colexiado tívonos case 60 minutos agardando pola acta e tras solicitarlla varias veces (pois queríamos marchar xa que eran as 20 horas e aínda tiñamos 30 minutos de camiño) por fin nola facilitou, a sorpresa tanto do delegado local coma miña foi que o ver a acta explicounos que no apartado de expulsións e incidencias non escribira nada pois iba facer un anexo. A acta soe trae as alineacións e os goleadores, polo tanto, pregúntome eu: ¿por qué nos tivo unha hora agardando por unha acta na que tan so tiña que poñer os goleadores e a frase "se añadirá anexo"? hai cousas que non entendín e sigo sen entender. Esta claro que todos somos humanos e erramos, pero o colexiado coas 5 expulsións pasouse 4 pueblos, o meu entender tan so o porteiro local debería estar expulsado, o resto das expulsións sobraban. Xa fixemos o corresponde recurso e agardemos que o Subcomité de Competición sexa xusto e anule estas expulsións.
A victoria supón o Atlético Sobrado recuperar a 5ª posición en detrimento de un rival directo como é o Visantoña. O equipo de Fer e logo dos resultados de esta semana ocupa o posto de promoción de ascenso a 2ª Autonómica e tan so está a dous puntos o 4º posto que equivale ó ascenso directo.
Saudos

Ningún comentario: