martes, 2 de novembro de 2010

Cocktail de resultados

Algo de todo nos deparou a xornada no que a resultados concerne: comezou mal coa derrota dos xuvenís na tarde do sábado, tornou a moito mellor coa goleada do equipo feminino. Xa metidos no domingo o Atlético Sobrado senior recuperou un punto in extremis xa no desconto.

Xuvenil: Sp. Cambre 1 - Atl. Sobrado 0

Foron tan so 11 os xogadores dos que puido dispor Pirri para o desplazamento a Cambre. Aínda así estes 11 gladiadores deron a cara en todo o momento e tan so un máis que dubidoso penalti a 2 minutos do remate do encontro privou o equipo marelo de traerse algo positivo para Sobrado. Isa é a imaxe que queremos ver deste equipo que se xoga centrado está chamado a facer grandes cousas.

Feminino: Atl. Sobrado 11 - Espartanas F.S. 0

Goleada sen paliativos do equipo que prepara Hassan. A cadro sobradés foi moi superior o equipo herculino e as coruñesas sucumbiron cunha abultada goleada. O partido xa quedou decidio no primeiro tempo pois no descanso o electrónico rexistraba xa un 7-0.

As goleadoras locais foron: María Gómez (4), María Seoane (3), Patty (2), Sara e Luci.

Senior: Atl. Sobrado 2 - CCD Cerceda B 2

Afrontaba o Atlético Sobrado un difícil compromiso condicionado polas baixas dos seus dous mediocentros titulares, Esteban e Miguel Liboreiro así coma do pichichi do equipo David. A boa nova foi a recuperación de Chino logo de estar un mes afastado dos terreos de xogo por unha lesión nunha man.

Nunha tarde infernal de frío e vento foi o filial do Cerceda quen pegou primeiro, logo de un erro do gardamallas local, o balón quedaría nas botas de un dianteiro branco e vermello que tan so tería que empurrar o esférico ó fondo da rede. Con 0-1 chegouse ó descanso.

Sería Alberto Gemelo (un dos homes máis destacados do partido) o que faría o empate a 1 gol logo de unha excelente xogada en conxunto da Makina Amarilla. A mala sorte cebaríase cos locais no 1-2 pois unha falta executada desde medio campo bate no xuvenil Maikel e o balón entra na portería de Carlos, era o 1-2. Con este resultado presentouselle unha ocasión inmellorable o Atlético Sobrado, penalti a favor que executou o retornado Chino pero o seu lanzamento atallouno o porteiro visitante. Cando parecía que ía chegar a primeira derrota na tempada para os homes de Fer foi de novo o xuvenil Alberto Gemelo, quen no desconto, con unha excelente vaselina daría un punto o Atlético Sobrado que serve para defender con uñas e dentes esa quinta praza na táboa clasificatoria que da acceso á promoción de ascenso a 2ª Autonómica.

Ningún comentario: