mércores, 3 de novembro de 2010

Derradeira proba do Campionato Galego de Enduro en Rois

O piloto de Enduro do Club Atlético Sobrado Xuventude, Fernando García Herrero disputará o vindeiro domingo 14 de novembro en Rois (A Coruña) a derradeira proba deste ano do Campionato Galego de Enduro. Compre dicir que o piloto sobradés vai con toda a moral do mundo logo da magnífica actuación que tivo na pasada proba do Campionato Galego en Chantada (Lugo). "Nando" acadou un importantísimo 4º lugar situándose así no lugar seguinte ó caixón do trío vencedor e sumando 5 importantes puntos na clasificación xeral do citado campionato. Ademáis García Herrero partía co "handicap" de que a de Chantada era unha das probas nas que menos confiaba polas características da súa moto pero nun alarde de coraxe e valentía fíxose con un máis que digno 4º posto que o encumbrou nun dos mellores pilotos en Chantada.

Deixovos algunhas fotos de Fernando García Herrero na citada proba. Ogallá Nando despida a tempada do mellor xeito posible. Sorte campión, estamos contigo!!!









Ningún comentario: