xoves, 4 de novembro de 2010

Importantes enfrontamentos para as categorías federadas do Clube

Prevese unha xornada apaixoante no que as categorías senior masculina, feminina e xuvenil se refire.

Os grandes enfrontamentos comezarán en categoría xuvenil o sábado 6 de novembro no Municipal de Sobrado a partires das 16.15 horas. A esa hora terá lugar o derbi Atlético Sobrado vs Boimorto C.F. no que os rapaces que adestra Pirri buscarán a segunda victoria da tempada.

Ese mesmo día o equipo feminino de fútbol sala disputará un partido na cumbre, enfróntase o equipo líder da competición, o Sada F.S. no Pavillón Municipal de Sada a partires das 20.00 horas. Primeiro contra segundo, de vencer, as xogadoras que adestra Hassan poñeríanse líderes da Liga Provincial. Visto o importantísimo enfrontamento desde a directiva do Clube queremos facer unha chamada os afeccioados do C.A.S.X. para que veñan alentar ó noso equipo na procura da victoria que nos auparía ó liderato aínda que o desplazamento sexa de uns 30 minutos en coche.

Para o domingo 7 de novembro agárdanos outro importante encontro, desta volta o do equipo senior de fútbol que visita o campo de O Outeiro na Silva (Cerceda) para enfrontarse ó equipo local, o San Martiño SD. Un duro e difícil rival que o igual que os homes que adestra Fer viaxa invicto logo de 9 xornadas de competición. Se o Atlético Sobrado acada a victoria en feudo alleo sobrepasaría ó San Martiño e colocaríase en prazas de ascenso directo á 2ª Autonómica. O encontro dará comezo as 16.15 horas.

SORTE A TODAS AS CATEGORÍAS

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: