venres, 26 de novembro de 2010

Os colexiados da vindeira xornada

Unha xornada máis deixámosvos neste post os nomes dos colexiados que dirixirán os encontros das categorías de fútbol do noso clube.

Para o Atl. Sobrado Xuventude - Oza dos Ríos C.F. de 3ª Autonómica senior e nun partido onde os dous equipos nos estamos xogando o ocupar prazas de ascenso a 2ª autonómica o encargado de dirixir a contenda será o Sr. Raúl Benito Martínez.
Pola súa banda, en categoría xuvenil o Atl. Sobrado Xuventude - Cecebres S.D. terá coma director ó Sr. Emilio Muñiz Seijas.

Sorte para ambos colexiados.

Ningún comentario: