mércores, 10 de novembro de 2010

Senior e feminino sucumben, xuvenil gaña o derbi

Foi unha mala xornada en termos xerais para os equipos do Atlético Sobrado, dos 6 partidos en litixio 5 derrotas e unha victoria.

Comezamos polas boas novas:

Xuvenil: Atl. Sobrado 1 (Marcos Combo) - Boimorto CF 0

Segunda victoria da tempada para o equipo que adestra Pirri que lle fai subir ata a 6ª posición da táboa clasificatoria. Un gol do Cadete de primeiro ano Marcos Combo no minuto 90 deixou os 3 puntos en Sobrado e fixo á Makina Amarilla junior vencedora do derbi. Os locais puideron definir antes o encontro pero un soberbio porteiro visitante evitou que a victoria fose máis abultada.

Feminino: Sada F.S. 6 - Atl. Sobrado 1 (Sara)

Perdeu o equipo que adestra Hassan contra o equipo líder da competición. O resultado antóllase abultado demáis pois o equipo local case fixo gol por tiro a portería aliándose en máis de unha ocasión para que os rexeites acabasen co esférico na rede visitante. Xa o descanso chegouse con 3-0 e sería Sara a que marcaría o gol da honra para o Atlético Sobrado.

Senior: San Martiño SD 5 - Atl. Sobrado 0

Unha man troixeron os home de Fer da visita que lle brindaron ó San Martiño SD. O equipo marelo fixo unha digna primeira metade a pesares de ir perdendo 1-0 ó descanso. Nada máis comezar a segunda metade unha polémica decisión do colexiado que pitou un penalti a favor do San Martiño nunha falta que Cuadrado fixo máis de 2 metros fora da área puido condicionar o encontro. Xa co 2-0 o Atlético Sobrado foise a queimar todas as naves á desesperada para poder volver con algo positivo pero esto fixo que quedasen moitos ocos que provocou o efecto contrario e pasouse a unha importante goleada.

Escolas deportivas:

Benxamíns: Atl. Sobrado 0 - Curtis B 12
Cadetes: Atl. Sobrado 0 - Troula F.S. 6
Alevíns: Atl. Sobrado 2 - Troula F.S. 3

Ningún comentario: