xoves, 18 de novembro de 2010

A vindeira xornada

6 categorías do clube terán partidos oficiais esta fin de semana, tan so terá descanso o equipo xuvenil e o piloto Fernando García que ven de rematar a pasada fin de semana o Campionato Galego de Enduro.

Estes son as datas, os horarios e os lugares dos partidos en liza:

SÁBADO 20 DE NOVEMBRO

Desta volta as nosas Escolas Deportivas reciben a visita no Pavillón Municipal de Sobrado de Irimón (os Concellos de Irixoa e Monfero xogan de forma conxunta nun so equipo).

Os partidos por categorías serán os seguintes:

Benxamíns: 10.00 horas

Alevíns: 10.45 horas

Infantís: 11.30 horas

Cadetes 12.15 horas

Pola súa banda o equipo feminino de fútbol sala de Liga Provincial que viaxa segundo na clasificación xeral afrontará un difícil desplazamento a cancha do Boqueixón F.S., o partido terá lugar as 20.00 horas no Pavillón Municipal de O Forte.

DOMINGO 21 DE NOVEMBRO

O equipo de Fer disputará o partido a unha hora pouco habitual, as 18.45 de un domingo, esto é motivado porque o campo artificial de O Pinar en Vizoño (Abegondo) ten actividade continua o longo de toda a fin de semana. O rival a batir será o Vizoño B.


Ningún comentario: