luns, 29 de novembro de 2010

Xornada moi positiva para os nosos intereses

Os "xemelgos Derrick", xenios e figuras

Boa xornada para os equipos xuvenil, feminino e senior nos partidos de sábado e domingo. Na tarde do sábado chegaron dúas victorias: xuvenís (3-1) e feminino (9-0). Na tarde de onte domingo, a "Makina Amarilla" tirou de épica para remontar un partido que perdía no minuto 86 por 0 goles a 2 tendo 2 xogadores menos no campo. O equipo de Fer finalmente solventaría o encontro con un empate a 2 goles fronte a un rival directo.

Xuvenís: Atl. Sobrado 3 - Cecebre 1

Solventou o equipo que dirixe Ángel Parga "Pirri" o encontro fronte ó colista da competición a pesares do gran inconvinte que supón ter que xogar todo o partido con 11 xogadores e sen cambios. Como a can flaco todo son pulgas, Jorge Fernández lesionouse quedando o equipo moi mermado na segunda metade. Os goles locais foron obra do pichichi Marcos Combo, Maikel e Diego Fragío.

Feminino: Atl. Sobrado 9 - F.C. Meigas "B" 0

De novo goleada sen contemplacións das xogadoras de "Hassan" que dominaron o encontro de principio a fin. O adestrador sobradés volveu a dar moitos minutos as menos habituais que responderon as mil maravillas da oportunidade dada polo míster amosando así que son xogadoras "top" para os momentos que sexan necerias.

O noso equipo finiquitou o partido na primeira metade chegando ó descanso cunha cómoda victoria (4-0), na segunda metade chegarían 5 goles máis para poñerlle o peche o encontro.

As goleadoras foron María Gómez e Sara en dúas ocasións, a pichichi María Seoane tamén faría o seu gol, Luci tampouco faltou a cita e obtivo o seu, Patricia Fuentes tamén marcaría, ademáis o Meigas "B" tivo a mala fortuna de marcar un "autogol"...,

* Mención especial a nosa Super Porteira Laura que tamén marcou nesta xornada logo da execución de maneira brillante de unha pena máxima na que Laura amosou que a pesares de que na portería é unha auténtica "number 1", se ten que xogar arriba tamén marca diferencias. Ahí queda eso!!!

O equipo feminino con esta nova victoria segue afianzándose na 2ª posición da táboa clasificatoria brindando o que vai de competición unha espectacular traxectoria.

Senior: Atl. Sobrado 2 - Oza dos Ríos 2

Épico partido o vivido onte no Municipal de Sobrado nunha tarde fría de temperatura pero caldeada de ánimos (algún ata lle sobrou a chaqueta para celebrar o gol do empate de Nacho...).

Xogábanse moito os dous equipos no envite onde o Oza loitaba por manterse na terceira posición da táboa e o Sobrado ansiaba a victoria para achegarse o seu rival e de paso ó resto de equipos que están nas 4 primeiras posicións da táboa.

De inicio Fer dispuxo a Cuadrado en portería, cos "xemelgos Derrick" Alejandro e Alberto nos laterais, a liña de centrais estivo composta por Juan e Pirulo. O capi Esteban unha vez máis xogou coma pivote defensivo, por diante del liña de 4 en medio campo con Chino e Lofre polo centro e Pablo Naveira e Diego Fragío xogando coma interiores a banda cambiada, coma referencia en punta o "killer" David. Para cambios quedaron o xuvenil Samuel coma porteiro suplente, ademáis de Iván Cabado, Mario, Iago e Nacho.

Comezou máis enchufado o Sobrado no encontro, con máis ansia de obter unha victoria que o encumbraría en prol de acadar "o soño". Os dous minutos primeiro aviso dos locais, Chino executa unha falta que sae moi pechada e o porteiro visitante (un gran porteiro por certo) despexa con moitos apuros a córner).

Dous minutos máis tarde chegaría o segundo aviso do Sobrado de novo a balón parado mesmo executor: Chino e Esteban remata de cabeza, o porteiro visitante atalla o lanzamento.

No minuto 10 chegaría unha oportunidade de ouro para o Atlético Sobrado, xogada a balón parado que de novo executa Chino e David é agarrado claramente dentro da área por un defensor (estos agarróns repetíronse unha e outra vez todo o encontro habendo incluso xogadas onde dous dos nosos xogadores acabaron polo chan), o colexiado, Raúl Benito, un dos mellores que pasou polo Municipal de Sobrado decretou penalti. Lanzaría Chino a esquerda do porteiro visitante pero o cancerbeiro e pesares de que o esférico ía esquinada detivo o lanzamento nunha gran estirada. Xerro de auga fría para os locais que viron como se esfumaba unha gran oportunidade de adiantarse no marcador.

O Oza crearía a súa primeira ocasión de perigo no minuto 14 nun lanzamento lateral que detivo de maneira incontestable Cuadrado.

Un minuto máis tarde sería David quen tería unha oportunidade para o Atlético Sobrado pero o seu tiro excesivamente pechado pegou no lateral da rede da portería visitante.

O 0-1 chegaría no minuto 22 logo de unha gran xogada do dianteiro "ocense" Diego Pérez, na que amagou con irse para un lado e quitou un excelente lanzamento desde fora da área que sorprendeu a Cuadrado.

O Sobrado avisaría de novo no minuto 25 con un lanzamento de falta do pichichi Chino pero a mala fortuna fixo que o esférico raso fose pegar no pao, no posterior rexeite os nosos dianteiros non puideron solventar a ocasión con gol.

No minuto 26 chegaría a primeira expulsión da tarde, o dianteiro do Oza Diego Pérez poñíase o borde da liña de banda cada vez que o Sobrado quitaba de banda para obstaculizar o lanzamento, logo de 4 saques de banda onde se repetiu este feito o noso equipo caeu na trampa e no lugar de pedir distancia ó colexiado para que amonestase ó rival o xemelgo Alberto propinoulle un balonazo na cara o dianteiro visitante cando executou o saque de banda polo que o dianteiro visitante caeu a plomo. O colexiado expulsou a Alberto pola agresión e desde ese intre os locais xogaron con 10 (curiosamente o Oza non volveu a poñer ningún xogador para obstaculizar o saque de banda en todo o partido desde ese momento).

Lonxe de baixar os brazos, parece que esta expulsión encoraxinou os pupilos de Fer que seguiron insistindo nos seus ataques, Pablo Naveira no minuto 31 rozaría o gol pero o seu lanzamento en xogada persoal foise fora por moi pouco, Pablo na xogada tirou escorado e non viu a David que estaba so no punto de penalti para rematar franco a gol.

No minuto 41 chegaría a entrada fea do partido, o xogador número 11 do Oza chega tarde, mal e arrastro a un balón que cortou o xemelgo Alejandro, o visitante agrediu literalmente o noso lateral impactando o codo de maneira violenta na boca do estómago do bravo xogador xuvenil, logo de estar arredor de un minuto no chan pois perdera parte da respiración Alejandro volveu a integrarse no partido pero no intermedio tería que ser sustituido pois tiña molestias o respirar e a zona danada presentaba un gran golpe de color vermello froito do codazo a destempo do xogador visitante. Alejandro sería sustituido por Iván Cabado.

O segundo tempo comezou como rematou o primeiro, con un Sobrado na procura do gol do empate e un Oza intentando conter as avanzadillas locais e intentando lanzar perigosos contragolpes. Pablo Naveira tería outra boa oportunidade de novo en xogada persoal pero ó xogador de Teixeiro non tivo onte o seu particular romance co gol e o seu lanzamento saiu fora por escasos centímetros de novo.

Un tiro do Oza que a piques estivo de costarlle o segundo gol os locais meteulle o medo no corpo á parroquia local no minuto 56, o lanzamento foi un auténtico drama no que tan so o "persoal" puido respirar tranquilo cando viu que o esférico saia fora.

Chegaría a segunda expulsión para o Atlético Sobrado no minuto 58 logo de que Iván Cabado cortase un avance visitante coa man pegado a banda, Iván vira facía uns minutos un cartón marelo xunto con un defensa visitante o intentar gañar a posición nunha xogada a balón parado do noso equipo.

As cousas se non estaban de todo torcidas poñíanse aínda máis costa arriba pois ademáis de estar por debaixo no marcador ter dous homes menos todo o que fose puntuar antollábase cando menos difícil.

Fer moveu ficha e meteu a Nacho no lugar de Lofre para intentar ir arriba a desesperada consciente de que a cousa podería sair mal pero xa non había nada que perder agás salvar o golaverage que pode ser determinante ó final do campionato ligueiro para dirimir as prazas de ascenso.

Como non hai dous sen tres o Oza, concretamente o seu dianteiro Julio que saiu na segunda metade establecería o 0-2 no minuto 70 logo de finalizar con éxito un man a man fronte a Cuadrado. Parecía que o Sobrado sufriría a primeira derrota da tempada na súa casa...

A partires de este momento o partido converteuse nun auténtico "toma e daca", onde o balón circulaba máis tempo polo aire que polo chan, con fútbol moi directo onde as defensas intentaban afastar o antes posible o perigo da súa área. Fer recurriu a Iago e a Mario en detrimento de Diego Fragío e David esgotados físicamente logo do gran traballo realizado. Era o minuto 82 e o adestrador de Melide queimaba as súas últimas naves. A operación non lle puido sair mellor: corría o minuto 86 pois e Iago recupera o esférico en liña defensiva, xoga directo con Mario que devolve atrás a Nacho que centra, o balón embarullase na área e sería finalmente o pichichi do equipo Chino quen resolvía e establecía o 1-2 que daba folgos os locais para concretar a "proeza" de remontar con dous xogadores menos.

O soño fíxose realidade no minuto 89, coma nas películas americanas onde o final de todo se fai xustiza polos méritos de uns e outros, Nacho, con un zapatazo que perdurará na nosa memoria por moito tempo desde uns 10 metros fora da área "enchufou" o esférico rozando o longueiro da portería visitante nun chut imparable que dou renda solta ó descontrol e alborozo nas gradas e no campo onde todos os xogadores se abalanzaron sobre Nacho para festexar o que acababa de conseguir: que ese mísil memorable dese un punto máis que merecido á unha Makina Amarilla que foi máis "máquina" que nunca e que afrontou o partido desde o minuto 26 con un xogador menos e desde o minuto 58 con dous xogadores menos.

No minuto 92,30 rematou un encontro de tolos onde o Atlético Sobrado puido sair moi damniificado pero que a pesares das dúas expulsións sae moi fortalecido e coa moral polas nubes.

Desde este humilde post non se pode poñer un video de reverencias xa que senón poñeríallo a todos os "gladiadores" que onte fixeron que nos deitasemos con un sorriso e con unha idea moi clara: se poñemos gañas e loitamos conseguiremos o que nos propoñamos.

PARABÉNS!!!


Ningún comentario: