martes, 7 de decembro de 2010

Boa xornada en fútbol sala e lamentable en fútbol

Tivo dúas caras esta xornada ligueira, comezamos pola boa, que de novo foi o equipo de fútbol sala feminino que logrou un novo e importante triunfo na cancha do Concello de Ponteceso F.S.
A victoria foi contundente: 2-5, unha victoria que semana tras semana afianza as xogadoras de Hassan na segunda praza da Liga Provincial.
As goleadoras foron Sara en dúas ocasións, María Seoane, María Gómez e Patricia Fuentes.

As malas novas viñeron por partida dobre no fútbol, o sábado en xuvenís e o domingo en senior.
O equipo xuvenil UNHA VEZ MÁIS fóiselle a pelota a amosaron ter un gran problema: non saben perder, cada vez que o fan, hai 3 ou 4 expulsados e iso É GRAVE, MOI GRAVE!
Gañaba o equipo de Pirri 2-3 no descanso pero o resultado final foi Once Caballero 6 - Atl. Sobrado 4. Os goleadores sobradeses foron Caskete (2) e Miguel Combo (2). Polo que respecta a lista de expulsados atinxe á Miguel Combo, Christian Coego, Portocabado e Samuel. Todos eles por faltarlle o respecto o árbitro: ASI NON IMOS A NINGÚN LADO, DÁDEVOS CONTA DE UNHA SANTA VEZ QUE LEVADES UN ESCUDO NO PEITO E REPRESENTADES A UNHA ENTIDADE E A UN POBO.

Polo que respecta o partido do equipo senior pouco que dicir, destacar a desgana coa que afrontaron o partido a gran maioría dos xogadores. Cando hai algún marathón de fútbol sala nun lugar cercano o rendemento do equipo baixa moito e na maioría das veces é sinónimo de derrota. Debemos analizar que nos interesa máis: se loitar por algo bonito, por algo que estás competindo todo o ano ou ben preferimos votar "unhas pachangas" a fútbol sala que nos van facer perder un fin de semana enteiro...
Das instruccións dadas antes de comezar o partido non se fixo nada do acordado, é máis, fíxose todo o que se falou que non se debería facer e o resultado foi claro: 4-2 a prol do Curtis.
Comentouse antes de comezar o encontro que non se podían facer faltas ó borde da área pois o Curtis ten un fenomenal lanzador como é Jairo, os 5 minutos xa estabamos a perder 1-0 logo de un lanzamento de falta de Jairo ó borde da área. Tamén se comentou que debido a gran cantidade de auga que tiña o campo artificial de Curtis nas bandas non podíamos regatear (sobretodo en liña defensiva) e que habería que xogar directo: caso omiso, regate tras regate e perda tras perda de balón provocando perigosas contras do Curtis que estivo a piques de costar varios disgustos. Unha primeira parte lamentable dos amarelos que non parecían nin unha sombra do equipo que son. Sen ganas, sen loita, sen nada...
O mellor da primeira metade foi chegar ó descanso perdendo 1-0.
No descanso houbo revolución e entraron Nacho, Alejandro e Miguel Combo por Souto, Iago e Juan. O equipo mellorou considerablemente e fixo uns primeiros 20 minutos da segunda metade bastante bos (os únicos minutos nos que competiu). Un erro na marca deixou no minuto 67 a Jairo so na frontal da área e enganchou unha fenomenal volea logo de un centro desde banda esquerda á que Carlos so se puido quedar co molde. 2-0 e puntuar en Curtis volvíase case misión imposible. Pero o Atl. Sobrado volveuse a meter no partido logo de unha falta lateral que executou un Chino totalmente desdibuxado e desganado e rematou David de cabeza establecendo o 2-1 no marcador.
De novo a esperanza da remontada como xa en outras veces sucedeu volvía a ver a luz pero esta idea axiña desapareceu logo de unha cesión de Pirulo a Carlos, o cancerbeiro despexou mal, deixoulle o esférico nos pes de Lagares que a portería vacía marcou o 3-1. De novo un erro na última liña volvía a condenar o Sobrado. Pero os marelos volveron a pegar: Pablo Naveira sufre un claro penalti que o colexiado sinala, o executor da pena máxima sería Nacho que marcaba por segunda semana consecutiva enganando o cancerbeiro. 3-2 faltando 8 minutos e de novo os marelos volvíanse a encher de esperanzas.
Pero de novo outro erro do porteiro Carlos, que foi sen decisión e sen forza a un balón dividido fora da área fixo posible que o dianteiro do Curtis Abel marcase o 4-2 que sería definitivo.
Mala imaxe do Atlético Sobrado nunha xornada que a vista dos resultados houbera sido increiblemente boa en caso de gañar pero andando non se lle gaña nin a un equipo benxamín.
Para a semana en Poulo se queremos aspirar a algo non se pode errar.

SAUDOS

FORZA C.A.S.X.

Ningún comentario: