xoves, 16 de decembro de 2010

O "derbi da Montaña" acapara a interese da fin de semana



Un partido sobresae por enriba do resto na xornada da vindeira fin de semana, trátase do derbi da montaña que disputarán o domingo 19 de decembro a partires das 17.00 no Municipal de Sobrado o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE e o Boimorto C.F. O equipo visitante viaxa a Sobrado coma flamante líder do Grupo IV de 3ª Autonómica. O equipo de Fer intentará levarse o derbi e seguir así aspirando a facer algo grande este ano. O envite presentase complicado pero seguro que os xogadores marelos darán o mellor de sí para que os 3 puntos queden na casa. Ademáis de ser un derbi o partido terá o morbo engadido de ver no rectángulo de xogo a varios xogadores que nas últimas tempadas estiveron nos dous clubes. A emoción non vai faltar.
Pero non so hai competición o domingo, o sábado 18 haberá dous importantes enfrontamentos. Os xuvenís (unha vez máis moi mermados e con dificultades para ter once efectivos por mor das sancións) viaxan a Abellá (Frades) para enfrontarse o equipo local S.E. Abellá S.D.C. no Campo de O Vedral a partires das 16.00 horas.


Pola súa banda, e seguindo co sábado, o equipo feminino de fútbol sala tamén viaxa, nesta ocasión a Arteixo para enfrontarse o 4º clasificado, o Manureva Talleres Mundo F.S. que está 3 puntos por detrás na clasificación aínda que con un partido máis que o noso equipo. O coque disputarase no Pazo dos Deportes de Arteixo a partires das 19.00 horas.

* Estes serán os derradeiros enfrontamentos dos nosos equipos antes do parón de Nadal.

Sorte para todas as categorías

Ningún comentario: