mércores, 15 de decembro de 2010

Sabor agridoce

Boas sensacións e malos resultados nos troixo esta xornada para as categorías senior e xuvenil.

Comezamos coa canteira:

XUVENÍS: Atl. Sobrado 2 - Cire Melide C.F. 2

Bo e mal resultado do equipo xuvenil segundo se mire. Bo ou pódese dicir que moi bo se analizamos que Pirri tan so dispuxo de 10 xogadores dispoñibles para afrontar o derbi logo das numerosas sancións do partido anterior unindose a baixa de Barreiras de última hora. Polo tanto, o conxunto marelo comezou condicionado o encontro con un home menos. Aínda así foi quen de dar a cara o longo dos 90 minutos. Debía ser tal a superioridade do Atlético Sobrado que Alberto Gemelo tivo a ben intentar igualar o encontro polo que se expulsou logo de facerlle varias apreciacións ó colexiado do encontro para deixar o equipo con 9 xogadores. O C.A.S.X gañaba 2-1 faltando 2 minutos para o remate do encontro e cando a gran hazaña estaba a punto de chegar un golazo desde case medio campo do Cire Melide dou ó traste coa victoria sobradesa. Polo tanto ó final do encontro o marcador reflexaba un empate a 2 tantos. Os goles locais chegaron mediante sendos penalties que se encargaron de transformar Maikel e David Vidal.

SENIORS: A.C.D. Poulo 1 - Atl. Sobrado 0

Sabido é por todos os equipos que militan no Grupo IV de 3ª Autonómica que o desplazamento a Poulo é dos máis complicados que se afrontan en toda a Liga. As reducidísimas dimensións de "A Senra" unido o bo facer do Poulo no seu feudo fan do lugar un terreo case que inexpugnable.

Os pupilos de Fer sabían que se xogaban moito no envite e querían lavar a faciana tras a malísima imaxe dada a semana anterior en Curtis. A pesares de virse de vacío non se pode negar que o equipo vaciouse, pelexou, buscou a victoria pero desta volta a fortuna e un gran porteiro-adestrador local fixeron que os 3 puntos quedasen na terra de Ordes.

Non lle custou moito o equipo marelo adaptarse as dimensións do coqueto campo de A Senra, na primeira metade o equipo adestrado por Fer Torreiro presentouse con un 4-4-2 con Carlos en portería, os laterais para os xuvenís Diego Fragío e Alberto Gemelo, e coma centrais os habituais Pirulo e Juan, eso en liña defensiva. Polo que respecta o medio campo formaron Esteban e Lofre polo centro e nas bandas Souto e Naveira, como os dous homes máis avanzados quedaban Mario e David. Para cambios estarían Cuadrado (PS), Nacho e Miguel Liboreiro que volvía a unha convocatoria mes e medio despois.

Desde o inicio o Atlético Sobrado levou a manixa do encontro, para ver o primeiro lanzamento habería que agardar o minuto 5 cando Javi Lofre provou desde fora da área pero o esférico sairía fora. A resposta do Poulo chegaría xusto 5 minutos máis tarde nun tiro no que o esférico bicou os eucaliptos (a palabra con máis acepcións que oin na miña vida: "eucalitos", "arcolitos", "eucalistros", "alcolitos" -non sei se producen embriaguez-...) que rodean o campo de fútbol.

A segunda intentona marela tivo nome propio, Alberto Gemelo, pero parecia que no inicio de partido os xogadores querían que o balón se fixese amigo das árbores e obsequiaronos con varias imaxes para grabar na retina, non todos os días se pode ver como un lanzamento a portería sae fora e vate contra carballos, pinos, eucaliptos e demáis foresta.

No minuto 18 chegaría a xogada mellor trenzada do partido e que sen lugar a dúbidas mereceu o gol: Alberto Gemelo prolonga por banda esquerda a Pablo Naveira que busca a liña de fondo, busca o centro, David chega o primeiro pao e peina de cabeza para que Mario poida rematar pero o dianteiro de Teixeiro non chega por escasos centímetros.

O minuto seguinte o 7º de Cabaleiría de Fer Torreiro volvía a carga, e a ritmo de cornetín Souto nunha veloz xogada mete un centro raso para Mario que remata nunha gran estirada pero o esférico cando xa cantabamos o gol sae bicando o pao para afora. Nese intre de partido o Atlético Sobrado manexaba o encontro o seu antollo e parecía que o gol era cuestión de poucos minutos.

Carlos detivo o primeiro lanzamento do Poulo entre os tres paos (min.28) con solvencia, ata ese intre o equipo vermello apenas inquedara a meta da Makina Amarilla.

A ocasión máis clara do Poulo na primeira metade chegaría logo de un roubo no minuto 31 onde o equipo local tivo un 2 para 1 pero Carlos que andivo rápido indo ó chan desbaratou o que podía ser o gol local.

Antes de chegar o descanso o C.A.S.X. tería un par de boas oportunidade, primeiro sería Pablo Naveira que remataría raso e o porteiro local atallaría o lanzamento e despois sería Mario nunha volea memorable deixando ben as claras que de Poulo a Abellá chégase nunha patada, pois coa forza que lle dou o chut o esférico cambiou de concello nun abrir e pechar de ollos, pobre porteiro se lle chega a enganchar a cara...

Na reanudación do encontro non cambiou moito o esceario, o C.A.S.X. buscando con ahínco poñerse por diante no marcador e o Poulo xogando moi directo e intentando buscar ocos na defensa visitante.

Javi Souto faría a primeira intentona de lanzamento no minuto 46, o interior sobradés chutou desde o borde da área pero a fortuna quixo que cando se ía transformar nun lanzamento complicado para o gardamallas local o esférico impactase en David para posteriormente sair fora.

No minuto 52 oportunidade de novo para os marelos onde non puidemos facer outra cousa que votar as mans a cabeza: de novo Javi Souto engancha unha magnífica volea ó borde da área, o porteiro local non fai máis que rexeitar o lanzamento, Pablo Naveira que estaba pola área pequena andivo listo e anticipouse ó central rematando de cabeza co porteiro no chan pero o balón (que non quería entrar) pasou de novo rozando o pao para desesperación visitante.

O minuto seguinte puxo o Poulo o medo no corpo o Atlético Sobrado nunha falta en medio campo onde pillou a nosa barreira despistada, o chut lonxano case sorprende a Carlos.

De novo o Poulo avisou no minuto 61 logo de un indecisión do meta Carlos, Juan salva na liña de gol o primeiro tanto da tarde para os locais.

Miguel Liboreiro que saltara o terreo de xogo uns minutos antes tivo a súa oportunidade no minuto erótico (69) pero o lanzamento do vigués-santiagués-sobradés foise fora.

De novo o Poulo avisou no minuto 74 con un lanzamento onde máis de un hincha local cantou gol pero para fortuna do C.A.S.X. o lanzamento saiu fora do marco de Carlos.

Sería no minuto 77 cando chegaría o único gol da tarde e que a postre lle daría os tres puntos ó Poulo, un dianteiro ordense rouballe o esférico en velocidade a Juan que non atina a despexar e o remate escorado finalmente remata no fondo da rede.

Non quixo rendirse o C.A.S.X. pois tirou coma sempre de orgullo mais desta volta de pouco serviu a afrenta. Pablo Naveira intentouno pero parou o cancerbeiro sen problemas no minuto 80.

Pirulo quixo ter o seu minuto de gloria con un lanzamento coa zurda ó borde da área pero estaba visto que non era a nosa tarde e o esférico bicou territorio forestal.

Pablo Naveira non se quería ir de Poulo sen mollar (refirome a marcar goles) e intentouno por última vez no minuto 93 de volea pero esta saiu fora.

Na derradeira acción do partido no minuto 94 de novo Pirulo tivo unha boa opción de cabeza logo de un saque de curruncho pero o esférico foise de novo fora.

Logo do saque do porteiro local o sr. Castelo Barbosa decretou o final do encontro.

Mal resultado para os homes de Fer pero boas sensacións as vistas na tarde do domingo. Ese espíritu de superación e loita é o que gusta ver os afeccioados do Atlético Sobrado.

Ningún comentario: