mércores, 5 de xaneiro de 2011

O Derbi: gañou o que competiu

A día de hoxe aínda me dura o enfado, e non é por perder o derbi fronte o Cire senón da maneira en que se produxo. Mal comezan as cousas cando se queda a unha hora e varios (os de sempre) chegan cando lles parece. A partir de ahí todo ben encadenado xa que fai que o progreso pre-partido leva o conseguinte retraso (vestirse, charla, quecemento...)
Máis de un xogador debe mirarse o espello, meditar, e pensar que xoga nun equipo, non para él, se pensa esto último no Atlético Sobrado non é ben recibido e xa pode buscarse equipo. Moitos directivos curramos todo o ano con ilusión para poder ter todo o que hoxe temos: 7 categorías de fútbol e fútbol sala, e non vai vir ningún "mindundi" rebentar nada, o dito, o que se considere unha estrela e non queira xogar en equipo que arranque pero xa!

Con respecto ó partido pésima imaxe dada polo Atlético Sobrado onde moi poucos xogadores se libraron da queima, foi auténticamente desastrosa a imaxe dada no Municipal de Melide. Evidentemente o traballo do Cire tivo moito que ver pero en ningún momento xogamos a nada, nin houbo actitude, nin aptitude, nin esforzo, nin gañas, nin compañeirismo nin nada de nada. Doe moito estar a loitar por un esférico e ver como "outros" en teoría compañeiros en vez de correr, andan polo campo. A forma que teñen de agradecer "isto" é que cada vez que collan o balón non lla pasen a ninguén ata perdela..., lamentable.

Fer dispuxo un once con Carlos en portería, defensa de cinco con Souto e Alberto nos laterais, Mario e Maikel centrais e Pirulo como libre. No medio campo trivote con capi Esteban, Fran e Javi Lofre, en punta Pablo Naveira e David. Para cambios quedaron Alejandro, Iago e Chino.

Aínda non ía un minuto de encontro e o Cire xa estaba por riba no marcador, centro desde banda esquerda, Mulero libre de marca remata na área pequena de cabeza e o balón o fondo da rede. Mal a defensa e mal o porteiro.
O primeiro lanzamento a portería do CASX chegaría no minuto 6 a cargo de Fran que debutaba na súa segunda etapa coma xogador marelo, o tiro suave atraparíao sen problemas Perilla.
No minuto 12 Alberto lanzaría excesivamente desviado un tiro de falta situado a uns 6 metros da área do Cire Melide.
A deusa fortuna veu a visitar o noso equipo 2 minutos despois logo de que a madeira rexeitase un tiro do Cire.
No minuto 20 novo aviso do Cire, desta volta foi ó traveseiro o noso aliado para repelir outro lanzamento local.
Tal como ían as cousas estaba cantado que o segundo gol do Cire logo ía chegar e sería Ico nun lanzamento de falta ó pao de Carlos o que establecería o 2-0 no marcador no minuto 21.
No minuto 23 nova cabalgada do Cire, que entra en área, pase da morte e o remate do seu dianteiro na área pequena vaise fora. So existía un equipo no campo pois o Atlético Sobrado era unha mera comparsa que deambulaba polo Municipal melidense.
Unha das poucas chegadas visitantes sería a cargo de Souto no minuto 26 nunha volea que se foi fora.
3 minutos despois intentaríao Fran nun maino lanzamento que de novo Perilla atallou sen problemas.
A ocasión máis clara para o noso equipo sería un remate de Pablo Naveira no minuto 32 que Suso Pampín evitaría na liña de gol.
Tería David tamén a súa oportunidade de cabeza no minuto 42 pero o seu remate saiu desviado.
No descanso do encontro Fer utilizou dous cambios entrando Iago e Alejandro que sustituiron a Mario e Maikel.
Pouca historia tivo a segunda metade, o primeiro tiro do Cire chegou no minuto 56 nun lanzamento que saiu fora.
Estivo a piques David de marcar no minuto 58 pero o seu lanzamento raso saiu preto do pao esquerdo da meta melidá.
No minuto 65 o colexiado obviou un claro agarrón dentro da área a Pirulo, e mandou seguir a acción. Seguramente non influiría en nada e a pesares de que puidese supoñer o 2-1 tal como se estaba a desenrolar o encontro seguro que o Cire marcaría outro cando quixera.
E así foi, no minuto 67 o CASX enlaza un claro contragolpe onde hai 3 dianteiros dentro da área para recibir o centro, Alejandro leva o esférico en banda esquerda, pero en vez de centrar decide facer bicicletas ata que perde balón, o equipo local arma unha rápida contra que colle descolocado o equipo marelo e marca o Cire nun lanzamento pegado o pao desde fora da área onde Carlos se confiou e pensou que o tiro ía fora.
Pirulo sería expulsado no minuto 69 logo de protestarlle unha acción nun claro erro do colexiado, o libre xa tiña un cartón marelo polo que sumado a este segundo tívose que ir para o vestiario antes de tempo.
Peque estivo a piques de ampliar a renda do Cire no minuto 80 pero o seu lanzamento tamén se foi fora.
As dúas últimas oportunidades do CASX chegarían ambas no minuto 86 primeiro Souto e despois Alejandro pero ambos tiros sairon fora.

Pouco máis que dicir, so que con esta actitude o partido de Abellá preséntase moi complicado. Moito deben cambiar algúns se queren ter algo que decir neste equipo...

FORZA CASX

Ningún comentario: