luns, 10 de xaneiro de 2011

Victoria xuvenil, empate senior e derrota feminina

3 partidos e 3 resultados con distinto sabor para os equipos xuvenil, feminino e senior nesta fin de semana.
Comezou o ano 2011 con boas novas para o equipo xuvenil que adestra Ángel Parga "Pirri" que saiu victorioso no seu enfrontamento fronte ó Vizoño S.D. nun disputado choque. O resultado final indica a emoción do encontro: 3-2 a prol do noso conxunto. Os goleadores marelos foron Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo e David Vidal.
A derrota chegou da man do equipo feminino que caeu no Pavillón Municipal de Sobrado 2-3 fronte ó Amarelle "B". As xogadoras de Hassan dispuxeron de moitas e claras oportunidades para levarse os 3 puntos en disputa pero a mala sorte e os paos privaron o gran equipo sobradés de acadar unha importante victoria fronte a un rival directo na loita pola segunda posición.
O equipo senior sumou un importante punto na súa visita a Abellá, nun feudo, O Vedral, onde tan so o San Martiño foi quen de roubar puntos. O equipo de Fer é a segunda escadra en acadalo. O C.A.S.X. afrontou o choque con numerosas baixas, dúas de última hora como foron o porteiro Carlos que se lesionou no adestramento do venres no seu ombreiro e Maikel que sufriu un forte golpe na espalda o sábado.
Polo tanto tan so 13 xogadores dispoñibles dos cales 3 eran xuvenís e que raiaron a un grandísimo nivel.

O equipo estivo formado por Cuadrado en portería, liña de 5 en defensa para Alejandro Gemelo e Iago nos laterais, Alberto Gemelo e Iván Cabado de centrais e Esteban de libre. Por diante trivote con Javi Lofre, Fran Miraz e Chino, en ataque Pablo Naveira e Nacho. Quedaron agardando a súa oportunidade no banquiño Miguel Combo e Mario.

Comezou con moito descaro o encontro o equipo marelo, sorprendendo a un rival que viaxa na segunda posición da táboa clasificatoria e que amósase coma un dos máis firmes candidatos a ascender de categoría.
No minuto 2 o C.A.S.X. estaría a piques de marcar o primeiro gol do encontro nun córner en corto executado por Javi Lofre que sorprende a defensa local para Chino e o lanzamento do pichichi marelo pasa rozando o pao esquerdo da meta de Juan.
Volvería á carga o equipo marelo de novo por medio de Chino pero o seu lanzamento maino e moi centrado é atallado por Juan sen problemas.
De novo no minuto 6 a Makina Amarilla volvía a facer méritos para adiantarse no marcador, nun pase da morte de Fran Miraz e na que o porteiro local desbarataría con sería dificultade poñendo o "ui" na grada.
Pero os grandes equipos pouco necesitan para crear perigo e nunha rápida contra Rivera a piques estivo de marcar para o S.E. Abellá nunha fermosa vaselina que se foi fora por moi pouco.
De novo o Abellá, unha vez superado o susto inicial volveu a merodear o gol nun pase da morte de Rivera no minuto 17 onde non apareceu ningún rematador local para poder levar o balón ó fondo da rede.
No minuto 21 nova ocasión do Atlético Sobrado, desta volta foi Nacho quen disparou alto logo de unha asistencia ó oco de Javi Lofre.
O dianteiro local Toni, faría boa a súa fama de goleador no minuto 24, aproveitando un bo centro desde banda esquerda, Iago non salta para obstaculizar o tiro de volea do ex do Visantoña e o remate entra botando e pegado o pao. 1-0 para os locais.
Nova ocasión para o C.A.S.X no minuto 29 que non se veu abaixo a pesares do inesperado gol, nun gran remate de Chino un defensa local saca na liña de gol o que estivo a piques de ser o empate a un gol.
Pero como a veces o fútbol tamén é xusto ó minuto seguinte conseguiu empatar o C.A.S.X., sería Chino no lanzamento de unha falta logo de que o tiro pegase nun xogador da barreira o que establecería o empate a 1 gol.
Hai un refrán que di que pouco dura a alegría na casa do pobre, e así se cumpliu tan so 1 minuto despois: falta en medio campo a favor do Atlético Sobrado, varios homes altos suben a rematar, o esférico é atallado sen consecuencias polo porteiro local e inicia a contra co seu lateral esquerdo, a rápida xogada pilla descolocado a defensa do noso equipo, que tiraron o fora de xogo (afeccioados que estaban na grada comentaron unha vez finalizado o encontro que o dianteiro arrancou en fora de xogo, desde a miña posición no banquiño non poido apreciar se é fora de xogo ou non), e non lle fixeron falta, o colexiado mandou seguir e o dianteiro local quedouse man a man con Cuadrado ó cal bateu por baixo; 2-1 e de novo o partido costa arriba.
O Abellá gozaría de outra oportunidade no minuto 36 pero o remate sairía fora.
Tivo de novo Chino unha boa oportunidade a balón parado no minuto 38 pero o chut desta volta sairía alto.
Puido cambiar o signo do encontro a favor do Abellá no minuto 42 nunha clara xogada onde o remate a portería vacía de un xogador local foise fora.
Con 2-1 a favor dos locais chegaríase o tempo de descanso.
O C.A.S.X. creeu nas súas posibilidades na segunda metade e saiu decidido a quitar algo positivo de un feudo case que inexpugnable. No minuto 51 Chino tivo nas súas botas o empate a dous goles nunha magnífica xogada de Pablo Naveira que lle sirveu en bandexa o tanto pero o remate do "9" sobradés saiu alto.
Como antes dixen, o que perdoa paga, e unha vez máis, esta máxima do fútbol volveuse a cumplir, 4 minutos máis tarde o Abellá lanza unha falta que lle bota diante a Cuadrado e o esférico entra na portería logo de pasarlle polo medio das pernas. Co 3-1 no marcador a proeza antollábase máis que complicada.
As veces dame a sensación de que o noso equipo vaille a marcha, e tan so se motiva cando os retos son moi difíciles ou case que imposibles. Nunha boa xogada trenzada, Pablo Naveira intérnase na área, intenta facerlle un sombreiro o capitán do Abellá e este derribao claramente. O colexiado pita penalti, de novo Chino sería o encargado de transformar a pena máxima. Corría o minuto 59 e de novo se axustaban as cousas...
Nos seguintes 10 minutos o encontro calmouse bastante e non houbo ocasións destacadas por ningún bando, moito centrocampismo e moitos imprecisións nos dous equipos.
No 71 o Abellá intentaría poñer terra de por medio pero o lanzamento saiu excesivamente desviado.
Estaría a pique de lograr o terceiro gol da tarde o C.A.S.X. no minuto 87 nunha rápida falta sacada por Chino para Javi Lofre que se encontraba so en banda dereita, o preciso centro do xogador de Teixeiro estivo a piques de contactar coa cabeza de Mario.
O Atlético Sobrado seguiu insistindo para acadar algo positivo, sería Alejandro Gemelo noutra gran xogada o que enganchou unha difícil volea pero o seu remate saiu fora.
No minuto 92 chegaría o premio á insistencia do noso equipo. Mario gaña a posición a 3 defensas locais dentro da área nun balón que chega botando a mesma, dous defensas "á limón" comenten un infantil penalti derribando a Mario para desesperación do banquiño local. Desta volta sería Nacho o que de xeito maxistral transformaría a pena máxima dando o empate a 3 goles.
Pero o encontro non acabaría ahí, pois aínda habería máis "chicha", corría o minuto 94 e nunha falta de entendemento entre Miguel Combo e Nacho en medio campo chega o esférico en clara posición para un dianteiro local, Esteban que estaba como último home non lle queda máis remedio que derribalo coa conseguinte repercusión de falta e expulsión. O lanzamento da mesma non tería consecuencias e logo de dous ataques máis locais rematou o encontro no minuto 98.
O C.A.S.X. empata no golaverage particular co S.E. Abellá, logo de que no partido da primeira xornada de liga houbera táboas a dous tantos no Municipal de Sobrado. Gran actitude dos homes de Fer que amosaron que cando queren fanlle fronte a calqueira equipo. Qué magoa dos puntos que se perderon por desgana...

Ningún comentario: