martes, 8 de febreiro de 2011

Senior masculino e feminino golean, o equipo xuvenil cae con tan so 10 efectivos

2 victorias e 1 derrota nos encontros dos equipos senior e xuvenil. Comezaba mal a tarde do sábado coa derrota do equipo xuvenil fronte ó Portazgo SD. O domingo chegarían as boas novas, pola mañá victoria feminina en Ordes e pola tarde victoria masculina en Bergondo.

Xuvenil: Portazgo SD 4 - Atl. Sobrado 1
Unha vez máis lamentar a falta de efectivos no equipo que adestra Pirri pois tan so puido contar con 10 xogadores para o inicio do encontro. Desde aquí agradecer os futbolistas que estiveron presentes no encontro o seu compromiso co noso clube. É unha pena que por culpa de algúns paguen os outros que non teñen culpa, agardemos que se vai recuperando xente...
O partido estivo condicionado desde o primeiro minuto polo motivo antes comentado, comezar xa de inicio con un xogador menos é un handicap demasiado importante. Aínda así e a pesares da derrota o equipo de Pirri tivo as súas oportunidades. Destacar a Molina que habitualmente exerce como porteiro pero que o sábado tivo que facer labores máis ofensivas e que foi o autor do gol da honra visitante.
Senior Feminino: Femiordes F.S. 1 - Atl. Sobrado 5
O conxunto de Hassan segue con man firme na competición e aférrase con dentes e uñas ó segundo posto da clasificación na Liga Provincial. Desta volta o horario do partido (domingo as 12 da mañá) non era o máis idoneo para afrontalo con grandes expectativas pero as xogadoras apelaron o seu orgullo e a súa calidade para quitar adiante un partido fronte un difícil rival que no seu feudo faise aínda máis forte.
Na primeira metade o C.A.S.X. tan so foi quen de marcar un gol, ese tanto sería suficiente para chegar ó descanso con vantaxe mínima. Na reanudación o Atlético Sobrado estivo máis efectivo e así pouco a pouco foron chegando os goles ata poñer no electrónico o 1-5 final. As goleadoras foron Patty en duas ocasións, María Seoane, María Gómez e Luci. Destacar que Sandra volveu a portería en sustitución de Laura que non puido estar por motivos laborais. Sandra móvese coma troita na auga baixo paos, unha posición que sei que lle gusta e moito...
Senior Masculino: Sp. Bergondo 1 - Atl. Sobrado 5
Goleada do equipo de Fer que se fraguou na segunda metade no campo do colista. Un terreo de xogo no que é incómodo xogar debido os socavóns que ten o campo de área de O Xuncal, sumado a brisiña mariñeira que acompañaba na tarde do domingo (o campo está pegado á Ría de Betanzos); se a todo esto se lle suman uns balóns que non valen para practicar o deporte rei o resultado é que o encontro parece unha pachanga de solteiros contra casados.
O adestrado de Melide dispuxo un once con Andrés (que debutaba en competición oficial co C.A.S.X.) en portería, BENVIDO Á FAMILIA MARELA ANDRÉS!!!, defensa de 5 cos xa habituais xemelgos Derrick en bandas, como centrais Miguel Combo e Mario e coma defensa libre o capi Esteban, no medio trivote con Javi Lofre, Fran e Souto, en punta de ataque o pichichi Chino e David. Para cambios quedaban o xuvenil Isma, Javi Sánchez (BENVIDO LOGO DA LONGUÍSIMA LESIÓN), Pirulo e Pablo Naveira.
Comezou dominando o encontro o Atl. Sobrado, xa no primeiro minuto Chino remataría de cabeza logo de un centro de Fran que atallaría sen problemas o porteiro local.
A primeira intervención de Andrés como porteiro do Sobrado chegaría na seguinte xogada do partido, nun lanzamento suave do equipo local que o cancerbeiro ferrolán detería sen problemas.
Entre os xemelgos Derrick (Alberto e Alejandro) fabricarían no minuto 3 unha perigosa ocasión que a piques estivo de acabar en gol, executaría o saque de banda Alberto e remataría Alejandro.
De novo Chino no minuto 13 tería outra boa oportunidade pero no momento de executar o remate o esférico quedoulle atrás por mor do mal estado do terreo de xogo.
O minuto seguinte de novo Chino intentaríao pero o seu remate de cabeza saiu fora.
O pichichi Chino tería outra oportunidade no minuto 19 a balón parado nunha falta, o tiro saiulle centrado e o cancerbeiro bergondés detivo sen problemas.
O Bergondo estaba romo en ataque e o C.A.S.X. seguia intentando facer o primeiro gol da tarde pero sen acerto, a mellor ocasión da primeira metade sería de novo para Chino que rematou o pao nunha gran volea logo da saida de un córner no minuto 37.
David tivo unha boa oportunidade no minuto 42 nun remate de cabeza pero o trenciña do encontro decretou fora de xogo na acción.
Con 0-0 chegouse ó descanso.
Na segunda metade o Sobrado saiu conxurado para estar máis atinados de cara a portería a pesares de ter o aire en contra.
No minuto 47 unha vez máis Chino tiraría frouxo polo que o porteiro local detivo sen problemas.
Por fin chegaría o gol no minuto 48, eso sí, con intriga, nun excelente golpeo do pichichi Chino o esférico pega no pao antes de entrar violentamente na meta bergondesa. Por fin se abría a lata.
Pero o Sporting Bergondo meteuse de novo no partido no minuto 57, nun despexe de un dos seus centrocampistas en medio campo, o balón colleu dirección portería e axudado polo aire a favor colleu adiantado a Andrés que pouco puido facer para evitar o empate. Tocaba de novo marcar para sumar os tres puntos en litixio.
Pouco lle duraría a alegría ó colista pois Chino no minuto 59 resolvería con acerto un man a man co porteiro local marcando o seu segundo gol da tarde. Con este gol Chino suma 18 goles na Liga e é o terceiro máximo goleador da competición.
O propio Chino sufriu un pinchazo na parte posterior do muslo e foi sustituido por Pablo Naveira que se cansou de tirar bos desmarque e que o colexiado lle pitara inexistentes foras de xogo. Nun deses desmarques Pablo arrancou desde o noso campo e tras chegar a banda dereita dalle o pase da morte a Fran que acompañou excelentemente a xogada para marcar a pracer o 1-3.
Pablo Naveira fixo no minuto 70 unha excelente xogada persoal, logo de regatear a dous defensores conectou un expléndido disparo pero o esférico non quixo entrar e pasou lambendo na cruceta.
O Atlético Sobrado ampliaría vantaxe no minuto 72, sería Javi Lofre na execución de un libre directo logo de batir na barreira e despistar o porteiro.
De novo Pablo Naveira nunha das poucas opcións que o colexiado lle permitiu facer en ataque rozaría o gol no minuto 74, a vaselina foise fora de novo por escasos centímetros.
O premio á insistencia e o bo facer para Pablo Naveira chegaría no minuto 77 nunha grandiosa vaselina na que o porteiro visitante pouco lle puido facer agás quedarse co molde.
DENUNCIAR a permisividade do colexiado co xogo brusco (AGRESIÓNS INCLUIDAS) do Bergondo que non eran quen de parar ós nosos xogadores sen utilizar puños, codos ou patadas baixo a permisividade de un trenciña que debe poñer máis actitude (polo oido e leido de outros partidos que dirixiu non é a primeira nin a segunda nin a terceira vez que os equipos o acusan de esto). Ademáis él soiño privou o Atlético Sobrado de que a goleada fora máis ampla inventándose foras de xogo, 3 de eles sangrantes (2 saindo desde o noso propio terreo de xogo co balón xogado e outro nun pase atrás).
No minuto 80 o Bergondo tería a súa derradeira oportunidade nun lanzamento que se foi fora.
Pouco máis destacable no partido agás que o colexiado si que estivo áxil para expulsar a David no minuto 91 logo de dos cartóns marelos (o primeiro deles por chocar de xeito accidental co porteiro local e o segundo porque o noso dianteiro estando de espaldas lle rebotou un balón no saque de unha falta local).
CONCLUSIÓN: o de sempre, algúns colexiados (menos mal que son poucos) prefiren expulsar a un xogador por chiquilladas que por dar patadas e agredir. Fraco favor lle fan ó fútbol!!!
Polo resto noraboa os nosos equipos!

Ningún comentario: