luns, 14 de febreiro de 2011

A xornada: o equipo feminino achégase o liderato

Liga Provincial Feminina

O equipo adestrado por Hassan dou un paso importante nesta xornada logo da victoria acadada fronte A Salina F.S. e que o equipo líder da competición, o Sada F.S. perdese fronte o Amarelle B. O equipo sobradés achégase pois a 5 puntos do sólido líder da Provincial Autonómica. A protagonista do partido foi a pichichi do equipo María Seoane que fixo nin máis nin menos que un "poker" de goles na tarde do sábado. O resultado final 4-0 deixou ben as claras quen se mereceu levar o triunfo no encontro.

2ª Autonómica Xuvenil

Importantísimo empate a 0 goles fronte o terceiro clasificado, o Sp. Cambre, e máis se temos en conta que o equipo de Pirri xogou condicionado pola tempra expulsión (iban 10 minutos de xogo) de Alejandro Gemelo. O noso equipo foi quen de salvagardar a portería de Samu o longo de todo o encontro e incluso tivo un par de boas oportunidades para poder levarse o encontro. Séguese a amosar un equipo moi forte o dos nosos xuvenís na casa que so cedeu unha derrota fronte ó Portazgo S.D.

3ª Autonomíca Senior

Duro varapao para o equipo de Fer logo da inmerecida derrota 0-1 na tarde de onte fronte ó Vilamaior. O partido de onte foi deses onde a pelota non quere entrar por máis que se intente. Destacar os dous porteiros visitantes que fixeron posible a victoria vermella con grandes intervencións.

Fer dispuxo un once moi condicionado pola falta de centrais (Juan e Iván lesionados, Pirulo sancionado e Miguel Combo causou baixa por motivos laborais) polo que tivo que variar a posición do capitán do equipo Esteban baixandoo e a xogar de libre, ademáis de ter que tirar do xuvenil Maikel nunha posición máis retrasada do habitual para él como é defensa central.

O once inicial estivo formado por Andrés en porteria, liña defensiva con Mario e Maikel de centrais, Esteban de libre, os laterais para os xuvenís Isma e Alejandro, liña de 3 en medio campo para Javi Lofre, Fran e Souto e en punta Pablo Naveira e outro xuvenil. Alberto Gemelo. Para cambios quedaron Chino, Javi Sánchez, Cristian Quintela, Diego Fragío e Iago.

O inicio do partido non facía presaxiar que o Atlético Sobrado encaixara unha dolorosa derrota, no minuto 5 Souto a piques estivo de perforar a portería visitante pero o gardamallas local nunha estirada colosal evitou o primeiro gol da tarde.

O deteriorado estado do céspede do Municipal non permitiu desenrolar o estilo de xogo ó que nos ten acostumbrados a Mákina Amarilla e iso tamén puido influir de que o equipo non tivera fluidez no toque como nos ten acostumbrados.

A primeira ocasión visitante chegaría no minuto 10 onde o cancerbeiro local Andrés andivo moi fino adiantandose e despexando de puños un perigoso centro desde banda dereita.

Intentouno de novo o Vilamaior no minuto 14 mais o lanzamento foise fora.

Rozou de novo o gol o Atlético Sobrado no minuto 25 nun gran lanzamento de falta de Alberto Gemelo pero de novo o cancerbeiro visitante desbaratou a boa ocasión de gol.

No minuto 29 o Vilamaior puxo o medo no corpo á parroquia local nun tiro de falta que pegou no longueiro da meta de Andrés, o posterior rexeite a piques estivo de cazalo un dianteiro visitante.

De novo Alberto Gemelo tivo o gol nas súas botas nunha internada por banda esquerda, o forte chut foi repelido polo porteiro visitante cando xa se cantaba o gol nas bancadas.

De seguido Pablo Naveira fixo saltar dos seus asentos o público do Municipal nunha excelente xogada persoal que culminou con perna esquerda, o efecto óptico fixo cantar o gol os afeccioados marelos pero o esférico saiu fora lambendo o pao.

Os seguintes minutos ata o descanso foi un cúmulo de imprecisións por parte de ambos bandos.

Na segunda metade Fer meteu a Chino e Diego Fragío por Isma e Maikel para dar máis mordente en ataque e lograr os 3 puntos pero abofé que onte non era o día do Atlético Sobrado.

Chino faría unha excelente xogada persoal no minuto 55, o chut man a man co porteiro foi repelido polo cancerbeiro que sustituiu o títular que se mancou na primeira metade.

De novo o CASX volveu a carga no minuto 61 con un gran centro de Fran que rematou Alberto Gemelo de cabeza pero o remate foise fora.

Cada vez os ataques do Atlético Sobrado eran máis continuos e sería Pablo Naveira no minuto seguinte quen tivo unha boa opción para desnivelar o marcador, pero no seu man a man co porteiro saiu perdedor pois o cancerbeiro rexeitou o chut do dianteiro de Teixeiro.

Hai unha máxima no fútbol que di que o que perdoa paga e unha vez máis cumpliuse, nunha contra o Vilamaior colle despistada a defensa local, o dianteiro visitante Manuel tíralle unha vaselina a Andrés que saiu para despexar o esférico, o balón bota antes de entrar e Mario no seu intento de despexe a córner introduce en propia meta o esférico, este gol sería o único que se vería no Municipal sobradés. Corría o minuto 73 e os nervos comezaron a aflorar.

Seguiu o Atlético Sobrado intentando lograr algún gol e intentou de todos os xeitos e todas as cores pero cando non eran centros imprecisos eran rexeites dos defensas visitantes, o caso é que non se conseguiu abrir a lata e o Vilamaior acadou o triunfo. Parabéns o equipo da terra de Ordes que soubo aproveitar mellor que o CASX as súas oportunidades.

Destacar a gran árbitraxe na tarde de onte. Perfecto a nivel físico e a nivel disciplinario, un colexiado moi dialogante e razonable. Así da gusto.

Tamén destacar a gran deportividade que amosaron ambos conxuntos onde a pesares das típicas loitas polo esférico onde cando o campo está mal coma onte fanse máis continuas o partido desenrolouse por un cauce normal, como ten que ser.

Nada máis polo de agora

FORZA CASX!


Ningún comentario: