martes, 1 de febreiro de 2011

Xornada Triunfal

Non lle puido sair mellor a xornada ó noso clube. As catro categorías que tiveron partidos oficiais saldaron os seus partidos con victorias; algunha delas de prestixio como foi a do equipo xuvenil que derrotou o ata o sábado líder da competición en 2ª Autonómica Grupo II, o EDA Arzúa.

Comezou exitosa a xornada na mañá do sábado co equipo alevín que dou boa conta do Concello de Aranga goleando por un abultado 13-3.
Sobresaintes os xuvenís no partido que comezaba as 16.00 horas no Municipal de Sobrado. A pesares de afrontar con tan so 11 xogadores o dificilísimo encontro contra o líder EDA Arzúa os rapaces de Pirri souberon sobrepoñerse as adversidades e venceron 2-1. O pichichi do equipo Marcos Combo faría o primeiro gol do encontro de cabeza o cuarto de hora do inicio, con ese resultado chegaríase o descanso.
Xa na segunda metade empataría o Arzúa por medio de Marquitos no minuto 60. Pero sería un golazo de David Vidal desde a frontal da área (min. 80) a que daría os 3 puntos os nosos xogadores.
O equipo feminino non quixo ser menos e gañou no seu desplazamento a Abegondo, impoñendose o Mabegondo FS 1-3. As goleadoras do equipo de Hassan foron a pichichi María Seoane, María Gómez e Patty.
Para o domingo quedou o encontro do equipo senior que adestra Fer. O noso equipo gañou 3-1 nun partido onde se adiantou de penalti o C.A.S.X. por medio do máximo goleador do equipo, que non é outro que Chino. Empataría o equipo da central de Meirama tamén de penalti. De novo o Atlético Sobrado adiantaríase no marcador por mediación de Alberto Gemelo e pecharía a conta goleadora de novo Chino. Salientar que no minuto 75 logo da expulsión de un dianteiro visitante formouse un tumulto e o colexiado decretou o final do encontro. Esto é o que non queremos ver nun terreo de xogo.

NORABOA A TODOS OS EQUIPOS POLAS SÚAS VICTORIAS, A SEGUIR ASÍ.

Ningún comentario: