xoves, 10 de marzo de 2011

Copa: rozouse a fazaña


Atl. Sobrado 3 - Sp. Sada 4

Espectacular e vibrante encontro o visto onte no Municipal de Sobrado con moito ambiente na grada e con xente de outros equipos entre os espectadores aproveitando a estupenda tarde de Martes de Entroido.
Comezaríase adiantando o Sobrado con un gol en propia porta logo de unha falta de entendemento entre o central e o porteiro visitante. O equipo de Fer estivo serio e moi ben posicionado toda a primeira metade. Con vantaxe pola mínima chegaríase ó descanso.
O adestrador do Sada nada máis comezar a segunda metade comezou a mover o banquiño metendo a homes con máis mordente en ataque. No minuto 62 o Sobrado faría o 2-0 logo de unha boa deixada de cabeza de Pablo Naveira que aproveitou David para mandar tamén de cabeza o esférico o fondo da rede. Recurtaria diferencias o Sada 3 minutos máis tarde e no minuto 71 empataría o encontro. Pero de novo o Sobrado medrouse e logo de unha man dentro da área de un central sadense o colexiado decretou penalti. Chino sería o encargado de transformalo facendo o 3-2. O Sada vía como se lle iba a eliminatoria e tirou de orgullo e calidade para empatar no minuto 81. O Sobrado so lle quedaba encerrarse e aguantar os minutos finais para poder ir a lotería dos penaltis pero non puido ser..., no minuto 92 un longuísimo saque do porteiro visitante sorprende a defensa marela, o balón recolleo un dos seus dianteiros que establece o 3-4 final.

Sen lugar a dúbidas un fermoso encontro para o espectador onde a piques estivemos de eliminar o 2º clasificado de 1ª Autonómica.

Parabéns ó Sada e desexarlle sorte na competición.

Ningún comentario: