martes, 1 de marzo de 2011

O equipo feminino é de OURO


Liga Provincial Feminina Fútbol Sala: Atl. Sobrado 4 - Sada F.S.F. 2

Grandiosa victoria a acadada polo equipo Feminino de Fútbol Sala na mañá do domingo fronte o líder da Liga Provincial, o Sada F.S.F.
As xogadoras que adestra Hassan amosaron unha vez máis o gran equipo que son e doblegaron a un rival que ten moitas papeletas para ascender de categoría. O equipo de Sada chegaba con tan so unha derrota no seu haber pero o Atlético Sobrado fixoo claudicar. Desta volta a carne da ternera gallega puido máis que o peixe...
Comezou costa arriba o partido para os nosos intereses logo de que o Sada profanara por duas veces a portería de Laura. Con 0-2 no electrónico o Atlético Sobrado decidiuse a ir a polo encontro e así axiña lograría empatar o partido a 2 goles antes de irse o descanso.
Xa na segunda metade as xogadoras de Hassan deron unha clase de como se defende e se gaña un partido a contra (mantendo a deportividade e as boas artes non coma un par de xogadoras visitantes).
O resultado final 4-2 dicta que o noso equipo ponse a tan so dous puntos do Sada F.S.F. e aínda que gañar o campionato (que traería consigo o ascenso) está complicado seguro que loitará con todas as súas forzas para dar o que sería o alegrón máis importante na curta historia do noso clube.
As goleadoras foron: Patty, Tamara, Luci e Sara.


2ª Autonómica Xuvenil Grupo II: Atl. Sobrado 0 - Unión Campestre 6


Pouco que contar no partido do equipo xuvenil, tan so destacar e agradecerlle o compromiso co equipo os dez valentes que se presentaron a xogar o sábado. Mención especial a Tuly que fixo de improvisado porteiro xa que Samuel estaba expulsado. De novo grazas por pensar no equipo.


3ª Autonómica Senior Grupo IV: Atl. Sobrado 1 - Larín "B" 0

Victoria pola mínima de un Sobrado que non creou tantas ocasións de gol coma noutros partidos. Moita de culpa tena o bo plantexamento do filial do Larín que fixo un partido moi serio e amosou que este equipo con outra tempada de rodadura estará moito máis arriba na táboa. Destacar a deportividade coa que se disputou o encontro sendo un partido moi doado de pitar para o colexiado sen apenas faltas nin entradas a destempo.
Unha vez máis Fer tivo que tirar de equipo xuvenil para poder ter un equipo de garantías. Na portería Andrés, liña defensiva cos xemelgos Derrick de carrileiros, Mario (que se levou un balón tatuado para a casa), Miguel Combo e Maikel de centrais. Liña de 3 no medio para Chino, Souto e Fran (partidazo) e arriba David (esforzo titánico todo o encontro) e Nacho.
Para cambios Pirulo, Javi, Lofre e Lucas (o cadete debutaba nunha convocatoria).
A primeira ocasión clara chegou para o Atl. Sobrado no minuto 6, Miguel Combo recolleu un mal despexe do porteiro visitante pero o seu precipitado tiro saiu fora por pouco.
O primeiro tiro do Larín B chegou no minuto 10 nun desviado lanzamento.
Volveron os visitantes a carga 6 minutos despois pero de novo o esférico non encontrou portería.
A mellor xogada da primeira metade chegaría no minuto 20, excelente pase interior de Chino a Souto que nunha cabalgada descomunal por banda dereita adréntase na área, cedelle o esférico a David que remata pero o porteiro visitante ten unha feliz intervención.
De novo no minuto 30 Souto sería protagonista nun lanzamento raso que un defensa desviou a córner.
Nacho tivo a súa oportunidade no minuto 37 nunha volea a media volta que saiu fora.
Chino levaría a derradeira ocasión de perigo na primeira metade nun lanzamento de falta que se Co resultado inicial chegouse ó descanso.
Os primeiros 25 minutos da segunda metade foron para olvidar por parte dos dous equipos con moito centrocampismo e sen ningunha ocasión que levar á boca.
No minuto 70 Fer decídese a ir polo partido e cambia o sistema de xogo pasando a un 4-4-2. Non tardaría en dar os seus froitos xa que 3 minutos despois nunha xogada que iniciou Souto en banda dereita para Alejandro que fixo un excepcional centro remataría Chino de volea ó fondo da rede o que sería o único gol da tarde.
Marcado xa o primeiro gol o partido abriuse e chegaron as oportunidades máis claras para o Sobrado, o pichichi Chino tivo a sentencia no minuto 76 pero fallaría no seu man a man co porteiro.
De novo Chino tería unha clara ocasión desta volta de cabeza pero o remate foise fora cando desde o banquillo xa se cantou o gol.
A última xogada destacada do partido sería no minuto 81 nun centro-chut de Alberto que se envelenou e o porteiro desviou con serios atrancos.
Nada máis reseñable, 3 puntos máis para o Atlético Sobrado que suma 40 na clasificación xeral.

Ningún comentario: