mércores, 30 de marzo de 2011

Xornada victoriosa para o noso clube

Triplete de victorias para o noso clube no pasado fin de semana. Comezaba a boa xeira de resultados o sábado en categoría xuvenil, os pupilos de Pirri gañaron a domicilio 0-2 ó Cire Melide no derbi comarcal. Seguidamente as xogadoras de fútbol sala que adestra Hassan darían boa conta do Ponteceso F.S. endosándolle unha contundente goleada: 6-1. Xa no domingo o equipo senior que adestra Fer goleou sen piedade ó Vizoño B 4-1.
RESULTADOS E GOLEADORES:

Xuvenil: Cire Melide 0 - Atl. Sobrado 2 (Marcos Combo, Maikel)

Feminino: Atl. Sobrado 6 (María Seoane 3, Tamara 2, Mery) - Ponteceso F.S. 1

Senior: Atl. Sobrado 4 (Chino, Alberto Gemelo, Alejandro Gemelo, Javi Lofre) - Vizoño B 1

Ningún comentario: