Atl. Sobrado 2 - Poulo 0
O Atlético Sobrado colleitou unha victoria no seu feudo fronte ó Poulo, o equipo que o segue na táboa clasificatoria. Cabe destacar que debotou en partido oficial o xogador cadete Marcos Combo que non puido debutar de mellor xeito pois foi o autor de un dos goles. O outro gol foi obra do pichichi do equipo Chino.
Liga Provincial Feminina
Amarelle B 4 - Atl. Sobrado 3
Gran partido do equipo de Hassan que so puido afrontar este importante choque con 5 xogadoras. Aínda así o equipo dou a cara na Coruña e caeu pola mínima. As goleadoras foron Rosalía, María Seoane e Sara. Este foi o último partido ligueiro desta tempada, o equipo queda finalmente clasificado na 3ª posición. Unha posición que da acceso a disputar a Copa Provincial que disputan os 4 primeiros equipos clasificados.
2ª Autonómica Xuvenil
Atl. Sobrado 1 - Obrero 3
Un equipo xuvenil baixo mínimos non puido despedir a tempada con unha victoria no Campo Municipal de Sobrado. O autor do gol da honra local foi Souto. Finalmente o equipo que adestra Pirri queda clasificado en 8º lugar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario