martes, 28 de xuño de 2011

Cafetería Ramiro e Panadería Vázquez novos patrocinadores

A xerencia de CAFETERÍA RAMIRO e PANADERÍA VÁZQUEZ chegaron a un acordo coa Xunta Directiva do Club Atlético Sobrado Xuventude para ser os patrocinadores da equipación do 1º equipo na vindeira tempada. Na vestimenta tamén aparecerá o patrocinio do Concello de Sobrado dos Monxes.

Desde o CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE queremos darlle as GRAZAS os patrocinadores por apostar forte polo noso clube e apoiar o fomento do deporte e a formación dos nosos xogadores.


Ningún comentario: