martes, 12 de xullo de 2011

Jacobo Penas fichado

Como anunciabamos no día de onte o Club Atlético Sobrado Xuventude preséntavos a primeira fichaxe da tempada 2011/2012, trátase de Jacobo Penas un veloz atacante que amosa gran virtuosismo cando ten o esférico no seu poder. Os afeccioados marelos xa o puideron disfrutar nas tempadas 2006/2007 e 2007/2008. As condicións técnicas e físicas de Jacobo Penas deixaron pegada en Sobrado polo que cando surxiu a posibilidade da súa fichaxe púxose toda a carne no asador para conseguilo. A categoría coma futbolista de Jacobo Penas está máis que demostrada xa que aínda en idade xuvenil foi capaz de dar o salto ó fútbol sala a nivel Nacional xogando coa extinta Seat Teixeiro F.S. en 1ª División Nacional B. Na última tempada Jacobo Penas prestou os seus servizos ó Dinamo de Palazuelo da Liga UPOFU e agora o Atlético Sobrado repescao de novo para 3ª Autonómica. Dámoslle as grazas a Jacobo por voltar de novo a familia marela e desexámoslle a maior das sortes tanto deportivas coma persoais.

DATOS DO XOGADOR:

Nome deportivo: Jacobo Penas (destro)


Lugar e data de nacemento: Teixeiro 27/05/1987


Talla e peso: 1,76 m / 63 kg


Demarcacións: Extremo, mediapunta, dianteiro


Equipos Anteriores:


- Fútbol Sala:


Seat Teixeiro F.S. (1ª División Nacional B)


Xuventude da Froula (Liga Provincial)


- Fútbol:


Atl. Sobrado Xuventude (3ª Autonómica)


Dínamo de Palazuelo (Liga UPOFU)


Ningún comentario: