martes, 16 de agosto de 2011

Táboas en Toques con un equipo de circunstancias

O terceiro amigable desta tempada do Atlético Sobrado resolveuse con un empate a 0 goles na visita do noso equipo a terras de Toques.
Hassan tivo que facer verdadeiro encaixe de bolillos para poder confeccionar un 11 pois na expedición non se encontraba ningún central (Esteban, Pirulo, Iván e Miguel Combo foron baixa), ademáis tampouco puideron ser convocados Diego Fragío, Fran, Mario, Anxo, Cristian e Isma.
Polo tanto o equipo chegou a Toques con 13 xogadores (con 3 porteiros, un deles Adrián do equipo xuvenil).
Como as desgrazas xamáis veñen solas a plaga de lesións veu a visitarnos, primeiro foi Nacho que se golpeou o seu xeonllo dereito contra o balado do campo de fútbol de Toques e despois sería Souto quen nun mal xesto tamén vería afectado o seu xeonllo esquerdo, transcorrían os primeiros minutos de partido e ámbolos xogadores tiveronse que ir para a ducha. Os dous foron revisados en hospitais de Santiago e A Coruña e haberá que agardar a evolución nas vindeiras horas para dictaminar o alcance das lesións.
Polo tanto e ata que non chegou Pichi xa transcurrido o minuto 35 da primeira metade o Atlético Sobrado estivo sobre o terreo de xogo con 10 xogadores, co dianteiro cadete Marcos Combo xogando de lateral dereito e con Moli, o porteiro do equipo xuvenil de improvisado interior zurdo.
Aínda así o Atlético Sobrado presentoulle cara ó Toques na primeira metade gozando de un par de boas ocasións. No descanso e xa de novo con 11 o equipo de Hassan asentouse no terreo de xogo e foi moito mellor que o seu rival, gozando de un gran lanzamento ó longueiro de Alejandro Márquez e marrando 3 claras ocasións de gol. Soberbio Javi Sánchez no seu novo posto de central zurdo, perfecto ó corte e excelente de cabeza sen complicacións, moi ben Chino na distribución do xogo e recuperación de balóns coma medio centro defensivo, David coma sempre traballador na súa loita cos defensas (é un auténtico portento), Alejandro Márquez cumpriu moi ben na súa singular parcela de central o igual que o seu xemelgo Alberto percorrendo a banda esquerda, Pichi, Lofre e Jacobo Penas déronlle sentido ó fútbol de ataque dos marelos, Marcos Combo cumpliu con creces na parcela defensiva o igual que Molina na ofensiva. Destacar tamén a ambos porteiros Samu e Cuadrado que se amosaron moi seguros ó longo dos 90 minutos. Destacar que Souto e Nacho intentaron crear perigo o tempo que estiveron no rectangulo de xogo ata que a mala fortuna das lesións os veu a visitar.

Desde eiquí darlles moito ánimo a ambos e desexarlles que as lesións tan só se queden nun susto e os xeonllos estén en perfecto estado para dar comezo á tempada.


Ningún comentario: