luns, 19 de setembro de 2011

Mellor imposible

Bo comezo de tempada para o equipo que adestra José Antonio Vázquez "Hassan". Unha escadra que dou boa conta do rival que visitaba o Municipal de Sobrado na primeira xornada ligueira que a súa vez coincidia coas festas grandes na honra a Virxe dos Dolores do noso municipio.
A Makina Amarilla foi superior en todo momento o seu rival cunha maior posesión de balón e con un equipo que buscou a portería rival en todo momento na ansia de máis goles.
Axiña se ía adiantar o equipo local logo de un excelente lanzamento de falta de Alberto que entraría pegado o pao dereito da portería defendida polo porteiro visitante, era o minuto 9.
Mario Varela, que na tarde de onte debutaba en partido oficial co Atlético Sobrado selou con broche de ouro a súa colosal actuación no rectangulo de xogo con un gol de pillo, sabendo acompañar a xogada e aproveitando un balón que quedou morto dentro da área do Encrobas.
Con 2-0 chegaríase o descanso do encontro. Na segunda metade Hassan comezou a rotar o banquiño e chegaría a oportunidade de Naveira, Damián, Mario Novo e Chino, sería este último quen tamén andivo listo dentro da área para aproveitar un rexeite da defensa visitante e establecer no minuto 73 o derradeiro gol do encontro. Destacar tamén as duas grandes intervencións que fixo o cancerbeiro Samuel nas únicas ocasións de peligro dos visitantes, unha delas desviando a córner un soberbio lanzamento de falta. Destacar que o Atlético Sobrado tivo que lamentar as ausencias de Esteban, Pichi, Iván Cabado, Nacho, Souto, Miguel Combo, Diego Fragío e Antonio.

ONCE INICIAL: Samu; Isma, Alberto, Piru, Javi Sánchez; Anxo, Jacobo Penas, Fran, Mario Varela, Javi Lofre; Maikel
BANQUIÑO: Cuadrado, Dami, Chino, Naveira, Mario Novo

Con este resultado o Atlético Sobrado sitúase líder por diferencia de un gol con respecto o C.D. Mesía logo dos resultados rexistrados na xornada.



Oza Ríos - Curtis 1 - 0
Visantoña - P. Carreira 3 - 2
Larín B - Toques 0 - 1
Sp. Bergondo - Vilamaior 2 - 1
Sobrado - Encrobas 3 - 0
Mesía - Brexo Lema B 2 - 0
Poulo - Vizoño B 1 - 1

Ningún comentario: