luns, 3 de outubro de 2011

Atl. Sobrado 3 - Vizoño B 1

Nova e importante victoria do Atlético Sobrado que suma e segue a pesares de que onte non foi quen de desplegar o seu mellor fútbol fronte a un bo rival.
Os pupilos de Hassan souberon aproveitar os erros visitantes para acadar un importante triunfo que ubica os marelos na terceira posición da táboa clasificatoria empatados a puntos co Oza dos Ríos C.F. e a tan so dous do primeiro e segundo clasificado: Visantoña CF e CD Mesía.
O primeiro gol tería como autor a Fran Miraz logo de unha boa combinación na liña dianteira na qu Pablo Naveira tirou un excelente desmarque para levarse con él a un defensor a abrirlle o camiño do gol ó medio centro de Teixeiro que definiu con unha calidade exquisita.
Empataría o Vizoño B nun clarísimo fora de xogo que o colexiado da contenda non apreciou e que supoñía un xerro de auga fría nas aspiracións de victoria dos locais. Coas tablas chegaríase ó descanso.
Na segunda metade o C.A.S.X. desperezouse e comezou a dar pinceladas do fútbol que sabe facer, con un equipo moito máis volcado en ataque.
Sería Pablo Naveira, con un gol de pillo, de dianteiro listo o que establecería o 2-1 no marcador. O igual que fixo Lionel Messi fronte o Bate Borisov en Champions League o pasado mércores, Pablo aproveitou que o porteiro visitante votou o balón e escapóuselle das mans para rematar de cabeza e mandar o esférico o fondo da rede.
O partido puido ter unha cor distinta logo de que Samu cometese penalti a un dianteiro visitante. O lanzamento desde os 11 metros foise directamente fora.
Esta claro que en fútbol o que perdoa paga e unha vez máis cumpliuse esta máxima..., Mario Varela loitou co porteiro un esférico de cabeza fóra da área pequena, o esférico saiu rexeitado, o medio centro de Boimorto foi con fé e case sen ángulo chutou para que o balón suavemente acabase entrando na portería visitante. Era a sentencia e supoñía o 2º gol de Mario Varela en 2 encontros no Municipal de Sobrado.

A lista de convocados por Hassan foi:

TITULARES: Samu,Pichi, Alberto, Piru, Javi Sánchez, Anxo, Jacobo Penas, Chino, Fran Miraz, Mario Varela, Pablo Naveira.
SUPLENTES: Cuadrado, Mario Novo, Dami, Maikel, Miguel Combo,
FORA DE CONVOCATORIA: Esteban, Javi Lofre, Iván Cabado, Souto, Nacho, Diego Fragío e Antonio.


Ningún comentario: