luns, 10 de outubro de 2011

C.D. Mesía 2 - Atl. Sobrado 0

Chegou a primeira derrota da tempada para o equipo marelo no difícil feudo do C.D. Mesía. Un equipo, o local que acumula os seus 4 partidos por victoria con idéntico marcado (2-0) e que con este resultado se sitúa líder da táboa empatado a puntos co seu veciño e rival Visantoña C.F.
O equipo de Hassan quixo e tivo esférico ó longo dos 90 minutos con unha posesión abrumadora pero os intentos de ataque foron anulados unha e outra vez por unha férrea defensa local.
O primeiro gol do Mesía chegaría no minuto 25 a saída de un córner onde un erro na marca propiciou que o capitán local rematase de cabeza a pracer na área pequena poñendo o 1-0 no marcador.
Con este resultado chegouse ó descanso. Na segunda metade no minuto 60 chegaría a xogada polémica do encontro: un defensa local rexeita un centro do Atlético Sobrado apoiandose co brazo, o colexiado non apreciou pena máxima que en caso de ser pitada ben puido cambiar o signo do encontro. A sentencia do partido chegaría xa nos minutos finais 86, con un C.A.S.X volcado en ataque en prol do empate. O dianteiro centro Héctor, nunha boa xogada persoal e logo de un par de quiebros, remataría desde a frontal da área, o balón non puido ser atallado por Samu e acabou no fondo da rede. A pesares da derrota sufrida hai que salientar a boa imaxe dada pola Makina Amarilla, intentando darlle bo trato o balón e abrindo o xogo a bandas para que os seus extremos fixesen dano. Non puido ser pero para o domingo no difícil campo do A.C.D. Poulo compre correxir este resultado e volver a ter un resultado positivo.
Destacar así tamén que algúns dos múltiples lesionados do equipo xa se deixaron ver na sesión preparatoria do venres polo que é probable que en poucas datas xa poidan formar parte das convocatorias de Hassan incrementando así o potencial do equipo.

ONCE INICIAL: Samu, Pichi, Alberto, Piru, Javi Sánchez, Chino, Mario Varela, Fran Miraz, Jacobo Penas, Dami, Pablo Naveira.
BANQUIÑO: Mario Novo, Cuadrado, Maikel, Miguel Combo, Anxo.
FORA DE CONVOCATORIA: Esteban, Diego Fragío, Iván Cabado, Souto, Nacho, Javi Lofre e Antonio.

Ningún comentario: