luns, 17 de outubro de 2011

Poulo 0 - Atl. Sobrado 2

Facía 8 tempadas (concretamente desde a 2003/2004) que o Atlético Sobrado non gañaba como visitante o A.C.D. Poulo. Tivo que ser na tarde de onte e nun magnífico encontro desplegado polos homes de Hassan, que amosaron que a pesares de ter que xogar nun minúsculo terreo de xogo sí se pode agasallar ó público con un gran fútbol e toque de balón.
O equipo visitante tivo que viaxar coa condicionante da baixa de última hora de Mario Varela por motivos persoais o que fixo que non se puidese avisar outro xogador para completar a lista de 16 homes polo que tan so 15 futbolistas se vestiron de curto.

Comezou mellor posicionado o Poulo o encontro sabedor da súa condición de local e coñecedor a perfección das dimensións do terreo de xogo.

Pasados 10 minutos o C.A.S.X. principia a estirar liñas e a querer o esférico comezando a crear ocasións de perigo na meta local que contou con un acertadísimo cancerbeiro, sen lugar a dúbidas o mellor xogador do cadro vermello na tarde de onte e que entre él e os paos evitaron unha goleada de auténtico escándalo.

O primeiro gol ía chegar no minuto 29 logo de que Chino transformase un clarísimo penalti sufrido por Jacobo Penas (Foto). 1-0 foi o resultado ó que se chegou no descanso. Onde entre outras ocasións máis houbo un lanzamento o pao nunha falta lateral de Chino así coma un man a man de Pablo Naveira co porteiro que este último solventou felizmente.

Na segunda metade o C.A.S.X. desplegou aínda mellor xogo que nos primeiros 45 minutos con un equipo volcado en ataque e unha liña defensiva infranqueable con Pichi, Diego Fragío, Javi Sánchez e Pirulo exercendo de muro de contención.

Hassan dou entrada a Maikel por Mario Novo en punta de ataque chegada a hora de partido e non lle puido sair mellor a xogada ó técnico sobradés pois precisamente foi Maikel o que sentenciou o encontro no minuto 79 solventando con acerto un xenial pase o oco de Pablo Naveira, o esférico acabou entrando logo do rexeite do porteiro. O propio Maikel puido incrementar a súa conta goleadora en varias ocasións pero unhas veces o longueiro e outras o porteiro evitaron que o dianteiro de Toques se puidese ir para a casa con un bo saco de goles no seu haber. Mencionar que de novo noutro saque de falta Chino volveu a estrelarse co longueiro logo de que o cancerbeiro local rexeitase o axustado disparo do pichichi marelo das dúas últimas tempadas.

Con este 0-2 o Atlético Sobrado recupera a 3ª posición logo da derrota do Brexo Lema B.



ONCE INICIAL: Samu, Pichi, Diego Fragío, Pirulo, Javi Sánchez, Chino, Fran Miraz, Pablo Naveira, Jacobo Penas, Javi Lofre, Mario Novo.

SUPLENTES: Anxo, Maikel, Dami, Alberto.

Fora de convocatoria: Mario Varela, Esteban, Miguel Combo, Iván Cabado, Nacho, Souto, Antonio, Cuadrado.

-------------------------------------------------------------------------------------------------



CATEGORÍAS INFERIORES:



O equipo xuvenil comezou a Liga con unha previsible derrota fronte a un magnífico equipo como é o Curtis, recén descendido de 1ª Autonómica e claro favorito a recuperar a categoría.

O cadro marelo comezou gañando o encontro con un gol de Alberto, aínda que finalmente sucumbiría 1-2. Destacar que o cadro que adestra Chino fixo un magnífico encontro e a pesares de so poder presentar 13 xogadores nesta primeira xornada deron a cara en todo momento.

Ningún comentario: