martes, 15 de novembro de 2011

Oza dos Ríos 4 - Atl. Sobrado 1

"As apariencias engañan" é unha antiga frase que lle ven como anel ó dedo para facer o resumo do partido do pasado domingo disputado no Campo de O Loureiro en Oza dos Ríos. Moitas veces os resultados son fríos, e calqueira que non vira o partido pensará, vaia goleada!!! pero o caso é que no que se diferenciou un equipo do outro foi en que os locais atinaron cada vez que remataron a portería mentres que o equipo marelo desperdiciou infinidade de ocasións.
O Atlético Sobrado viaxou moi mermado por mor das lesións e un virus que está a "ser protagonista" estas últimas semanas pola zona. Pirulo, Pichi, Maikel, Lofre, Mario Varela, Souto, Diego Fragío, Miguel Combo, Samu e Antonio tiveron que quedar fora da convocatoria polo que Hassan tan so dispuxo de 13 efectivos para disputar o importante encontro fronte a un rival directo.
O C.A.S.X. comezou mellor prantado que o seu rival no partido facendo moito dano coas incorporacións de Alberto por banda dereita, en 10 minutos xerou 3 claras ocasións de gol que non obtiveron os froitos merecidos. Pola súa contra, o Oza na primeira vez que tirou a portería (min. 21) enchufaría un tiro polo mesma escadra. De novo o Oza golpeu directo á mandibula do Sobrado nun regalo defensivo que costou o 2-0. O 3-0 chegaría nunha contra ben levada onde o dianteiro local deixou pasar con moita picardia o esférico engañando a defensa marela para que un compañeiro chegando desde atrás empurrara o esférico o fondo da rede. Aínda chegaría un cuarto gol antes de irse o descanso. Pola súa contra o Sobrado seguía a xerar ocasións pero o resultado a tanto desgaste resultou baldío nos primeiros minutos. É difícil explicar como te vas perdendo 4-0 o descanso con 4 tiros a portería e facendo un encontro máis que aceptable.
Na segunda metade os pupilos de Hassan feridos no orgullo sairon o ataque en prol de reducir a abultada desvantaxe, de novo volveronse a ter entorno a unhas 8 posibilidades de gol pero non era o día e tan so Pablo Naveira no minuto 83 a reviravolta foi quen de poñer o esférico no fondo da rede. Pola súa banda o Oza tivo unha clara ocasión nun traiazo impresionante que impactou violentamente no longueiro da portería de Cuadrado.

Para a semana o Atlético Sobrado disfrutará de semana de descanso.

ONCE INICIAL: Cuadrado, Anxo, Alberto, Iván Cabado, Esteban, Chino, Fran Miraz, Pablo Naveira, Nacho, Jacobo Penas, Mario Novo.
SUPLENTES: Javi Sánchez, Dami.

XUVENÍS: Oza dos Ríos 2 - Atl. Sobrado 6

Espectacular goleada do equipo de Chino fronte ó colista da competición. O equipo marelo chegou o descanso con un abultado 1-5 que puideron ser bastantes máis. Este 2-6 supón a terceira victoria de xeito consecutivo dun equipo que a pesares dos poucos efectivos dos que dispón está indo a máis na competición e encóntrase so a 4 puntos do líder Abellá que visitará o Municipal de Sobrado o vindeiro sábado.

Os goleadores foron: Alejandro (2), Sergio (2), Marcos Combo e David Vidal.

ESCOLAS DEPORTIVAS:

Benxamín: C.A.S.X. 6 - E.D. Curtis "C" 1
Alevín: C.A.S.X. 3 - E.D. Vilasantar 0

Ningún comentario: