luns, 19 de decembro de 2011

Atl. Sobrado 3 - Toques CF 2

Importante victoria do conxunto marelo nun derbi que dominou plácidamente no marcador ata os últimos minutos de partido onde por non saber finiquitar o encontro o Toques a piques estivo de non irse de valeiro do encontro.
A Makina Amarilla amosou 2 caras na tarde de onte: na primeira parte tivo o punto de mira moi acertado e as 3 primeiras chegadas a portería remataron en gol. Chino en dúas ocasións e Pablo Naveira serían os executores dos goles. O equipo de Hassan púidose ir o descanso con máis vantaxe pero perdoou 2 claras ocasións de gol polo que o resultado o descanso dictaba un claro 3-0 para o noso conxunto.
Na segunda metade o equipo, quizais confiado pola vantaxe amosouse apático e tan so en algunha xogada puntual dou sensación de poder marcar máis goles (duas xogadas con pase da morte que pasou por diante da portería visitante sen encontrar rematador e un man a man de Chino fronte a Cabado que o dianteiro perdoou o tirar unha vaselina que puido supoñer o seu hat-trick particular para o máximo goleador marelo da tempada pasada.
O Toques marcou o 3-1 no minuto 68 e isto fixo que os visitantes apretasen máis en campo contrario, faltando 8 minutos para o final do encontro chegaría o 3-2 nun partido que a priori do visto na primeira parte parecía plácido. Pero os derbis xa se sabe como son e o Toques nun par de chegadas a desesperada perdoou o empate primeiro con unha boa intervención de Cuadrado e despois con un lanzamento que se foi desviado por pouco.
3 importantes puntos pois para o cadro de Hassan que suma 18 e que agora afronta o parón de Nadal con unha mentalidade moito máis positiva e sabedor que cando este equipo xoga enchufado é moi difícil de doblegar aínda que se cada un de nós non dan o 100% somos un equipo vulnerable en todas as liñas.

ONCE INICIAL: Cuadrado, Pichi, Alberto, Piru, Javi Sánchez, Esteban, Lofre, Fran Miraz, Nacho, Pablo Naveira, Chino.
BANQUIÑO: Anxo, Maikel, Diego Fragío.
BAIXAS: Mario Varela, Jacobo Penas, Iván Cabado, Miguel Combo, Samu, Souto, Mario Novo, Dami, Antonio.

XUVENÍS: Atl.Sobrado 2 - Portazgo SD 2


A escadra de Chino deixou escapar dous puntos do Municipal logo de chegar a ir gañando 2-0 goles de Miguel Folgoso e Sergio. Aínda así compre felicitar o conxunto pois tan so dispuxeron de 11 xogadores para afrontar o encontro fronte a un difícil rival.

Ningún comentario: