luns, 9 de xaneiro de 2012

A.D. Vilamaior 2 - Atl. Sobrado 1

Desolación na expedición do C.A.S.X. que viaxou na tarde de onte a Vilamaior (Ordes) logo do inesperado tropezo nun partido que o conxunto marelo xamáis debeu perder nin empatar pero as miserias do fútbol van por barrios e onte ó cadro que adestra Hassan tocoulle pagar "o pato" por falta de acerto no remate.

Unha mala segunda metade anulou a boa imaxe dada polos marelos nos primeiros 45 minutos onde levarón moito perigo e tiveron ocasións de abondo para sentenciar pero unha vez máis e xa van unhas cantas esta tempada volveuse a cumplir a máxima de que o que perdoa paga. Sobre o terreo de xogo houbo dous equipos, un o Atlético Sobrado que quería o balón e levaba perigo por bandas e co xogo interior de Chino e Naveira e outro o Vilamaior que nin quería ver nin por asomo o esférico preto da súa área polo que se adicaba a despexar balóns unha e outra vez xogando continuamente directo e intentando parar o xogo marelo con continuas faltas. O número 6 local ben puido ser expulsado xa na primeira metade pois del foron 6 faltas (unha delas unha agresión sen balón a Chino na que soltou o codo a paseo pero o colexiado que estivo bastante atinado non viu a acción que lle costaría irse as duchas antes do descanso).



Adiantaríase o Atlético Sobrado con un zapatazo de Esteban de falta desde uns 25 metros que limpou as telarañas da escadra rival. Fran Miraz tivo o 0-2 nunha gran acción persoal na que se plantou man a man co porteiro local pero o seu lanzamento saiu rozando o pao dereito da meta do Vilamaior. Diego Fragío estrelou o esférico no longueiro logo de un centro pechado e Pablo Naveira tería un claro man a man co porteiro antes do descanso pero o disparo saiulle floxo e o gardaredes local acabou interceptando. Con 0-1 chegaríase ó descanso.



A segunda metade comezou con malas novas para os nosos interés pois os dous minutos de partido Chino sufriu un pinchazo nun intento de lanzamento a porta e tivo que ser sustituido. Aínda non se sabe o período de baixa do pichichi das dúas últimas tempadas.



Cuadrado tivo un par de magníficas intervencións logo do intermedio salvando ó Atlético Sobrado de dous goles cantados, unha delas na liña de gol chegando inextremis a tapar o lanzamento local e noutra nunha magnífica palomita o saque de unha falta do Vilamaior.


Maikel tamén tería o 0-2 nas súas botas nunha rápida contra onde o porteiro quedou fora da portería o seu lanzamento á portería foi despexado sen querer por un defensa que estaba de espaldas a xogada, desafortunadamente o esférico pegoulle na cabeza.



Empataría o Vilamaior no minuto 65 logo de que Miguel, o hábil dianteiro local ex do Abellá se fora de Pirulo o cal o deslumbrou o intenso sol que na segunda metade o C.A.S.X. tiña de frente e encarou a Cuadrado. Miguel solventou o man a man con calidade e estableceu as táboas no marcador.



No minuto 80 chegaría a xogada desgraciada do encontro: un lonxano lanzamento elevado cara a meta de Cuadrado íase fóra pegado o pao, Cuadrado para asegurarse de que o tiro non entraba intentou despexar e o seu rexeite pegou no pao quedando o esférico na liña de gol, alí apareceu un dianteiro local para que libre de marca empurrase o esférico ó fondo da rede.



Os minutos restantes o equipo marelo volcouse en prol do empate pero o único destacado tamén foi negativo pois Mario Novo tivo que ser sustituido logo de sufrir fortes dores por calambres.



Rematou o partido con 2-1 nunha destas tardes que marchas con un amargo sabor de boca para a casa sabedor de que puxeche o fútbol, as ocasións pero non pechache o encontro e finalmente iso pasa factura en forma de tres puntos que nos houberan vido moi ben para meterse na pomada da loita polos postos que dan acceso a promoción de ascenso.






Agora toca recuperar o terreo perdido desde o primeiro partido da segunda volta, o primeiro envite este sábado as 16.00 horas no campo de As Tinajas en As Encrobas (Cerceda)






ONCE INICIAL: Cuadrado, Pichi, Fragío, Piru, Mario Novo, Esteban, Lofre, Fran Miraz, Dami, Naveira, Chino.



BANQUIÑO: Iago, Samu (PS), Maikel, Javi Sánchez, Anxo.






FORA DE CONVOCATORIA: Mario Novo, Jacobo Penas, Nacho, Iván Cabado, Alberto, Miguel Combo, Antonio.




XUVENÍS: Once Caballeros 3 - Atl. Sobrado 4




Magnífica victoria a domicilio a conseguida polos homes de Chino no campo de Lendoiro. O conxunto marelo dou unha clase de como se executan os libres directos conseguindo 2 no partido. Un deles foi obra de Alberto e o outro obra de David Vidal. Sergio anotou os outros dous goles que supuxeron a victoria do C.A.S.X.



Ningún comentario: