luns, 20 de febreiro de 2012

8 valentes

Queremos destacar a gallardía dos 8 valentes do equipo senior que a pesares de todos os inconvintes se desplazaron o sábado a Bergondo para cumplir o trámite de xogar un partido no que o máis doado houbese sido non acudir e pagar a multa polo que desde aquí e en nome de toda a directiva quero darlles as máis expresivas grazas. A can flaco todo son pulgas, e se xa temos o plantel collido con calzador por culpa das malditas lesións (Mario Varela, Esteban, Pirulo, Anxo...), esta semana sumouse a desgraza de Javi Lofre que sufriu un accidente laboral, de Iago con un familiar no hospital e de Diego Fragío que padece fortes dores na espalda, ademáis Mario Novo, Fran Miraz, Jacobo Penas e Antonio non podían asistir por motivos persoais e Iván Cabado por motivos laborais. Polo tanto o panorama que se presentaba para afrontar o choque eran 8 xogadores (sen porteiro) polo que Chino tivo que facer as veces de gardamallas. O resultado é o de menos 7-3 para os locais. Os goles do Atlético Sobrado anotounos Dami por partida doble (por fin lle empezan a entrar) e Pablo Naveira.
A boa nova é a volta á casa de unha das xoias da canteira do Atlético Sobrado, o cancerbeiro Andrés Miraz que procede do Boimorto C.F. de 2ª Autonómica que xa estará a disposición de Hassan para o vindeiro partido. Para o vindeiro partido parece que comezamos a recuperar xogadores e estou seguro que o partido do sábado foi un punto de inflexión e que as cousas volverán o seu cauce. Moito ánimo e a partires de xa imos remar con máis forza que nunca.

Xuvenís: S.E. Abellá 1 - Atl. Sobrado 2


Unha nova victoria do equipo xuvenil que está a facer unha campaña de auténtico escándalo con tan so 14 xogadores en plantel. O equipo estivo adestrado o sábado por Esteban. Os dous goles da victoria marela foron obra de Alberto.

Ningún comentario: