mércores, 29 de febreiro de 2012

COMUNICADO

O Atlético Sobrado Xuventude púxose en contacto na tarde de hoxe coa redacción de Deportes do xornal La Voz de Galicia para puntualizar sobre a nova que aparece hoxe no citado xornal referente os incidentes do pasado sábado no partido do grupo II de 2ª Autonómica Atl. Sobrado - Bergantiños B.

O noso clube quixo facer especial fincapé na conversa mantida coa redacción do xornal que nin Alejandro nin Alberto Márquez agrediron o colexiado do encontro o Sr. Jesús Miguel Gómez Senín e que polo tanto a súa baixa no clube non se debe a este motivo senón a non respetar valores do clube (o enunciado da noticia ó noso entender da lugar a confusión).

Desde a redacción de La Voz de Galicia compromentéronse a subsanar o erro poñendo mañá unha nota de prensa no citado xornal.

Sobrado a 29 de febreiro de 2012

Ningún comentario: