martes, 14 de febreiro de 2012

Empate para os seniors e nova victoria xuvenil


Seniors: Atl. Sobrado 1 - Poulo 1

Logo de varias xornadas sen facelo o Atlético Sobrado senior volveu a puntuar o domingo. O equipo de Hassan unha vez máis perdoou o imperdoable na primeira metade con 4 claras ocasións de gol e é que a falta de acerto rematador está condenando a este equipo. Tan so Dami foi quen de marcar gol nunha sorte que ata o de agora lle era esquiva. Con 1-0 chegouse ó descanso. Na segunda metade os visitantes empatarían e ahí surxiu a figura de Cuadrado que se erixiu en salvador dos marelos onde ó final do encontro parou dous man a man que evitaron a derrota marela.

Xuvenís: Atl. Sobrado 6 - Oza dos Ríos 1

Non tivo piedade o equipo que adestra Chino do colista da competición e goleou ata conseguir un "set" supoñendo así unha nova victoria nunha magnífica tempada. Os goleadores marelos foron Alejandro (2), Sergio, David Vidal, Caskete e Moli.

Ningún comentario: