luns, 6 de febreiro de 2012

Seniors á baixa, xuvenís en alza


Están a ser o "norte" e o "sur" as dúas categorías de fútbol do Atlético Sobrado nesta tempada. O lado negativo está no equipo senior, un equipo que está a pagar moi caro as lesións sobretodo na parcela defensiva. Os dous mellores xogadores a nivel aéreo Pirulo e Esteban siguen lesionados (Pirulo forzou en varios partidos pero finalmente tivo que parar) e o equipo está a sufrilo. Onte foron 5 goles os encaixados a balón parado (4 deles a saida da córner).
Un partido atípico e un resultado sorprendente: Atl. Sobrado 3 - Mesía 7. O guión da película nada facía presaxiar este resultado con un Átlético Sobrado que saiu moi centrado no que tiña que facer: balóns as espaldas da defensa rival aproveitando a velocidade na parcela atacante e así foi, no minuto 10 os de Hassan xa gañaban 2-0 con goles de Diego Fragío primeiro e Pablo Naveira despois. O propio Naveira tivo o 3-0 nas súas botas pero errou no seu man a man co porteiro Salido.
O Mesía nun abrir e pechar de ollos puxo a directa e en cuestión de quince minutos púxose por diante no marcador. Co 2-3 chegouse ó descanso.
Nada máis comezar o segundo tempo Chino de espectacular traiazo que entrou por toda a escadra desde fora da área poñería o empate a 3 no marcador.
Pero ahí comezou a debacle marela e os goles foron caendo un tras outro en cada chegada do Mesía de 10 chegadas a porta marcar 7 goles pola nosa pasibidade defensiva é un duro peaxe pero que hai que afrontar como tal. Debemos reflexionar e pensar que se se quere dar boa imaxe non vale con facer so 20 minutos bos senón que hai que loitar todo o partido porque a pesares de que estamos na división máis baixo do fútbol estatal ninguén regala nada e come te despistes píntanche a cara nun momento.

Xuvenís: Atl. Sobrado 3 - Paiosaco H. Añón 2

Nova victoria do equipo xuvenil que o sábado estivo adestrado por Hassan con goles de Sergio, Miguel Folgoso e David Vidal este último de penalti. Soberbia tempada que está a facer o xove equipo do C.A.S.X.

1 comentario:

Anónimo dixo...

http://www.youtube.com/watch?v=uGGDeceXiVo&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=ktl_8aX3Hmg&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=KkuYbESVCcs&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=Y4V8kEqavPw&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=PmUWBprmo5A&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=uNSFgW7i5EU&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=yWMKwO7IU4A&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=sRQUgYDmNHI&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=YGyDwzXQ4oM&feature=related
http://www.youtube.com/watch?v=lmUv7UVDMTo&feature=related
¡Ánimo!