xoves, 22 de marzo de 2012

Nova xornada de Liga

O equipo xuvenil afronta este sábado a última xornada ligueira do curso futbolístico 2011/2012. O partido será o sábado 24 de marzo a partires das 19.00 horas no Campo Novo de Curtis e o rival será o Once Caballeros C.F.
Pola súa parte o equipo senior recibe no Municipal de Sobrado ó S.E. Abellá S.D.C. "B" o domingo 25 a partires das 17.00 horas, horario habitual do noso clube cando actúa como locatario.

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR


1. PABLO NAVEIRA 9

2. CHINO 7

3. DAMI 6

4. NACHO, FRAN MIRAZ 3

5. MARIO V., MARIO N. MAIKEL, DIEGO FRAGÍO 2

6. ALBERTO, IVÁN CABADO, ESTEBAN, JACOBO PENAS, SERGIO 1


XUVENIL


1. MARCOS COMBO 9

2. SERGIO, ALEJANDRO 7

3. DAVID VIDAL, ALBERTO 5

4. MIGUEL FOLGOSO 4

5. CASKETE, MOLI, LUCAS 1







Derrota do equipo xuvenil

Non puido traer nada positivo o equipo de Chino da súa visita ó campo do Portazgo Sd caendo por un contundente 4-0. O equipo marelo tan so puido afrontar o partido con 10 xogadores dispoñibles desde o comezo do encontro polo que xogou os 90 minutos en inferioridade numérica.

venres, 16 de marzo de 2012

Tan so xoga o equipo xuvenil

O equipo senior terá xornada de descanso nesta fin de semana polo tanto tan so disputará partido oficial o equipo xuvenil en "O Carrizo" fronte o SD Portazgo a partires das 16.30 horas.

Sorte para os homes de Chino.

mércores, 14 de marzo de 2012

Boa imaxe da Mákina Amarilla

3ª AUT. SENIOR: Atl. Sobrado 0 - Oza dos Ríos C.F. 1

A pesares da derrota pola mínima 0-1 fronte a un dos claros favoritos ó ascenso a 2ª Autonómica, o Oza dos Ríos C.F., o C.A.S.X. deixou unha boa imaxe no Municipal de Sobrado o pasado domingo.
Nun partido onde destacou a presencia de asistentes de liña e onde houbo polémica no gol pois visitante pois o dianteiro do Oza que marca o gol que decide o partido pode vir de fora de xogo. Non podo xulgar porque a pesares de atoparme cerca da xogada non podo decir se foi ou non. Os nosos defensas din que é fora de xogo pero non o sei.
O equipo visitante tan so fixo 2 lanzamentos en todo o partido á meta de Andrés, un deles foi o gol onde o goleador do partido definiu pegado o pao un man a man co noso cancerbeiro.
Os homes de Hassan mereceron mellor sorte e incluso o final estiveron a piques de poder empatar e gañar o partido con duas boas ocasións de Jaco e Chino.
Como comentei boa imaxe a amosada que deixou bo sabor de boca a pesares da derrota. Para a semana o equipo terá xornada de descanso.

ONCE INICIAL: Andres; Piru, Mario N., Miguel Combo; Chino, Lofre, Fran Miraz, Jaco, Nacho, Naveira, Maikel.
CAMBIOS: Javi S., Anxo, Isma, Marcos Combo, Antonio.

2ª AUT. XUVENIL: Atl. Sobrado 1 - Atl. Perillo 8

Non lle dou opción o 3º clasificado da táboa os nosos xuvenís no 1º partido do desterro celebrado no Campo Novo de Curtis. O gol local foi marcado polo pichichi do equipo Marcos Combo.
Para a vindeira xornada o equipo de Chino visita "O Carrizo" para enfrontarse á SD Portazgo no que será o penúltimo partido da tempada para a escadra xuvenil.

venres, 9 de marzo de 2012

A xornada



A xornada ven marcada pola designación de árbitros asistentes para os partidos das categorías senior e xuvenil do noso clube. Estás designacións son froito da agresión que sufriu o colexiado que dirixia o partido de 2ª Autonómica Xuvenil Atl. Sobrado - Bergantiños B. Polo que se ve desde o Colexio de Árbitros entenden que é unha maneira de protexer máis o colexiado. No seu momento o Presidente de este clube púxose en contacto co Delegado Arbitral facendolle saber o mal estar que nos xerou dentro do seno do clube así como explicar que foi un feito illado pois xamáis sucedera algo similar na historia do noso clube que xa conta con 15 anos.
Ademáis o equipo xuvenil cumplirá o primeiro partido dos tres de exilio que terá que cumprir polo peche do Municipal de Sobrado nesta categoría. Polo tanto a xornada queda da seguinte maneira:

XUVENIL: Atl. Sobrado - At. Perillo, 16.30 horas "Campo Novo" de Curtis
Colexiado: Julián Carlos Brea Sánchez
Asistente1: Jacobo Pereiro Rodríguez
Asistente2: Daniel Salas Benítez

SENIOR: Atl. Sobrado - Oza dos Ríos, 17.00 horas "Municipal de Sobrado
Colexiado: José Manuel Grañas Martínez
Asistente1: Alejandro Vilariño Hidalgo
Asistente2: Jorge Rodríguez Penas

DESDE A DIRECTIVA DO CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE QUEREMOS DAR AS MÁIS EXPRESIVAS GRAZAS O C.C.D. CURTIS POR DARNOS TANTAS FACILIDADES A HORA DE DEIXARNOS O SEU TERREO DE XOGO PARA CUMPLIR A SANCIÓN IMPOSTA.

martes, 6 de marzo de 2012

Trofeo "Bota de Ouro" Club Atlético Sobrado Xuventude

SENIOR

1. PABLO NAVEIRA 9


2. CHINO 7


3. DAMI 6


4. NACHO, FRAN MIRAZ 3


5. MARIO V., MARIO N., MAIKEL, DIEGO FRAGÍO 2


6. ALBERTO, IVÁN CABADO, ESTEBAN, JACOBO PENAS, SERGIO 1


XUVENIL


1. MARCOS COMBO 8


2. SERGIO, ALEJANDRO 7


3. DAVID VIDAL, ALBERTO 5


4. MIGUEL FOLGOSO 4


5. CASKETE, MOLI, LUCAS 1





Doble derrota pero una gran imaxe

Os equipos tanto senior como xuvenil perderon os seus partidos nos desprazamentos a Visantoña e San Tirso respectivamente pero eso non evita que ambos conxuntos causaran unha grata impresión.

O sábado o equipo xuvenil perdeu 2-1, o gol visitante foi obra do pichichi Marcos Combo. O equipo de Chino perdooulle a vida ó seu rival marrando claras oportunidades de gol. Aínda así o equipo xuvenil lavou a súa imaxe dos lamentables incidentes da semana pasada.

Tampouco o equipo senior puido gañar na súa visita ó campo do líder da competición, o Visantoña C.F. O primeiro gol chegaría no minuto 18 con un auténtico golazo de un dos mellores homes dos locais, Piru, que engatillou unha impresiontante volea desde fora da área que entrou rozando o pao longueiro da portería de Andrés. O 2-0 chegaría no desconto da primeira parte cando Álvaro se adiantou a defensa marela para rematar de cabeza un córner. Na segunda metade o C.A.S.X tivo máis dominio de esférico e dispuxo de oportunidades para reducir vantaxe e incluso empatar pero non foi o día máis idoneo no que a puntería se refire. A mellor oportunidade local da segunda metade para os locais foi un sensacional tiro de falta de Kaki que foi impactar ó longueiro da meta do Atlético Sobrado para posteriormente sair fora.

ONCE INICIAL: Andrés; Mario Novo, Iván, Pirulo; Chino, Fran Miraz, Lofre, Nacho, Pablo Naveira, Jacobo Penas; Dami.
BANQUIÑO: Anxo, Antonio, Miguel Combo, Marcos Combo.

xoves, 1 de marzo de 2012

Próxima xornada

As dúas categorías de fútbol do Atlético Sobrado terán enfrontamentos a domicilio na vindeira fin de semana.
O sábado o equipo xuvenil que adestra Chino desplazarase ata o campo de O Monte, en San Tirso de Mabegondo(Abegondo) para enfrontarse ó San Tirso S.D. a partires das 16.30 horas.
Na xornada do domingo o equipo senior de Hassan visita o líder da competición, o Visantoña C.F. O encontro terá lugar no campo de As Brañas en Visantoña (Mesía) e a hora de comezo será en horario oficial para o mes de marzo, as 16.30 horas.