venres, 9 de marzo de 2012

A xornada



A xornada ven marcada pola designación de árbitros asistentes para os partidos das categorías senior e xuvenil do noso clube. Estás designacións son froito da agresión que sufriu o colexiado que dirixia o partido de 2ª Autonómica Xuvenil Atl. Sobrado - Bergantiños B. Polo que se ve desde o Colexio de Árbitros entenden que é unha maneira de protexer máis o colexiado. No seu momento o Presidente de este clube púxose en contacto co Delegado Arbitral facendolle saber o mal estar que nos xerou dentro do seno do clube así como explicar que foi un feito illado pois xamáis sucedera algo similar na historia do noso clube que xa conta con 15 anos.
Ademáis o equipo xuvenil cumplirá o primeiro partido dos tres de exilio que terá que cumprir polo peche do Municipal de Sobrado nesta categoría. Polo tanto a xornada queda da seguinte maneira:

XUVENIL: Atl. Sobrado - At. Perillo, 16.30 horas "Campo Novo" de Curtis
Colexiado: Julián Carlos Brea Sánchez
Asistente1: Jacobo Pereiro Rodríguez
Asistente2: Daniel Salas Benítez

SENIOR: Atl. Sobrado - Oza dos Ríos, 17.00 horas "Municipal de Sobrado
Colexiado: José Manuel Grañas Martínez
Asistente1: Alejandro Vilariño Hidalgo
Asistente2: Jorge Rodríguez Penas

DESDE A DIRECTIVA DO CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE QUEREMOS DAR AS MÁIS EXPRESIVAS GRAZAS O C.C.D. CURTIS POR DARNOS TANTAS FACILIDADES A HORA DE DEIXARNOS O SEU TERREO DE XOGO PARA CUMPLIR A SANCIÓN IMPOSTA.

Ningún comentario: