luns, 23 de xullo de 2012

Campión do Torneo das Festas da Xuventude de Teixeiro

O Atlético Sobrado Xuventude proclamouse flamante campión do Triangular das Festas da Xuventude de Teixeiro logo de derrotar polo mesmo marcador: 2-1 ó equipo Veterano da SDC Teixeiro e a Xuventude da Castellana.
Os 4 goles foron logrados polo mesmo xogador, Pablo Naveira.
Sen lugar a dúbidas non puido comezar con mellor pé os primeiros amigables o Atlético Sobrado a pesares de tan so dispoñer ata o de agora de unha sola sesión de adestramento. O equipo marelo non puido dispoñer de todos os seus efectivos o pasado sábado é incluso xogou con Jorge, porteiro cadete no seu once inicial. Aínda así o equipo que adestra Hassan amosou no campo que este plantel ten as gañas e a calidade suficiente para dar que falar na vindeira tempada ligueira.

Ningún comentario: