martes, 11 de setembro de 2012

Arranca a Liga 2012/2013

Domingo, coincidindo coas festas dos Dolores de Sobrado comeza a Liga para o Club Atlético Sobrado Xuventude. A primeira pedra de toque será o S.E. Abellá "B" S.D.C. clube ó cal queremos dar as máis expresivas grazas por acceder a cambiar a orde dos partidos e poder xogar nas nosas festas coma locatario.
O partido dará comezo as 18 horas no Municipal de Sobrado. A Liga do Grupo III de 3ª Autonómica compóñena tan so 14 equipos este ano polo que será unha Liga bastante curta. Desexarlle un bo inicio de tempada a escadra que adestra Hassan.

FORZA CLUB ATLÉTICO SOBRADO XUVENTUDE

Ningún comentario: