luns, 1 de outubro de 2012

Bo partido sen premio final

Visitaba o Municipal de Sobrado o Vizoño B, un dos conxuntos que sumaba 2 victorias en outros tantos encontros. O rival presumiase serio e ben traballado polo seu adestrador Naveira, e así foi.
Empezou mellor o equipo de Abegondo fronte a un Atlético Sobrado moi impreciso sobretodo nos primeiros 15 minutos de encontro.
Pouco a pouco o noso equipo foise entonando e comezou a ter maior posesión de balón ademáis de crear xogadas de ataque con verdadeiro perigo.
Na primeira parte o C.A.S.X. tivo duas boas oportunidades: a primeira nunha excelente internada de Piru por banda esquerda desbordando á defensa vermella, o seu centro raso o segundo pao foi rematado por Fran nunha boa ocasión.
A segunda gran ocasión, que sen lugar a dúbidas foi a máis clara do encontro foi unha excelente xogada trenzada dos homes de Hassan por banda dereita, Fran chegou ata liña de fondo e dou o pase atrás, Naveira moi hábil deixa pasar o esférico e Mario Varela conecta un excelente lanzamento desde o borde da área que se foi a escasos centímetros da porteria visitante cando xa se cantaba o gol na grada.
Na segunda metade so houbo un color sobre o terreo de xogo e ese foi o do Atlético Sobrado que pelexou con ahínco por lograr unha máis que merecida victoria. O cadro visitante non foi quen de facer un lanzamento entre os tres paos en todo o partido e iso foi logrado grazas o gran esforzo de todo o equipo que a pesares de non lograr o premio do gol seguiu porfiando a súa sorte a que un balón acabara entrando na portería visitante.
A xogada clave do encontro estivo no  minuto 77 cando Chino lle gaña a partida á defensa rival e encara portería, marca gol pero o colexiado anulao considerando que estaba en fora de xogo. Desde a miña posición (non estou en liña) a impresión que me da é que o central visitante esta por detras de Chino, calcula mal o bote do esférico, Chino dase a volta e vaise so cara o porteiro e acaba anotando o tanto que sería invalidado.
O C.A.S.X. seguiu intentando entrar por banda dereito con un omnipresente Fran (que se vaciou ó longo de todo o encontro) sen poder acadar unha máis que xusta victoria. Chegado o minuto 93 o colexiado decretou o final do encontro. Un encontro que rematou como comezou: con empate a 0 goles.
Reseñar a mala sorte coas lesións que tivo o Atl. Sobrado este fin de semana: Dami arrastraba molestias do anterior partido e estas confirmaronse no adestramento do venres polo que non puido ser da partida e terá que descansar un periodo sin determinar de tempo. A mala sorte cebouse con Maikel que xusto ó remate do adestramento torceu un pe e sufriu unha forte escordadura de nocello. Tampouco se sabe o período de baixa.
Ademáis no partido Jaco foi víctima de unha forte entrada levando todo o golpe no seu nocello esquerdo e tendo que ser sustituido nese mesmo instante polo que está a espera de revisión médica para saber se  tan so se queda nun golpe ou hai algo máis.

ONCE INICIAL: David, Miguel Combo, Piru, Mario N., Esteban, Anxo, Chino, Mario Varela, Fran, Jaco, Naveira.
BANQUIÑO: Samu, Javi S., Jorge Ares, Isma, Pedro

Ningún comentario: