luns, 29 de outubro de 2012

Suma e segue

3ª victoria consecutiva do Atlético Sobrado que logo dos 3 puntos sumados fronte o Mesón do Bento C.F. accede a 4ª posición da táboa e ubícase a 4 puntos do novo líder, a SD Pontecarreira.
O Atlético Sobrado arrancou xélido o partido quizais contaxiado das repentinas baixas temperaturas que o sábado a tarde había no Municipal de Sobrado. Un partido que comezou con inesperadas baixas de última hora: Samu por lesión e Jorge, Maikel, Antonio e Pedro por motivos persoais ademáis da xa sabida de Javi Sánchez por lesión.
Non se encontrou agusto sobre o terreo de xogo o cadro marelo no inicio do encontro, amosándose bastante apático e errando nos controis e nos pases.
Estaba claro que o Mesón do Bento non viña de paseo a Sobrado, senón que o facía coa imperiosa misión de puntuar, así que ben plantado sobre o terreo de xogo dificultou as chegadas marelas a súa área. Cando o Atlético Sobrado conseguiu pisar área case sempre foi a balón parado e o cancerbeiro Carro encargouse de desbaratar esas ocasións.
O Mesón do Bento adiantaríase na súa primeira chegada de perigo no minuto 27. Logo de un disparo de Pablo Rama, que acertou a segunda tras o seu propio tiro escorado e saiu beneficiado do rexeite da gran parada de David pois o esférico volveulle a caer nos pes o atacante mesoneiro que no segundo disparo non perdoou.
O Atlético Sobrado non se vía por debaixo no marcador desde a primeira xornada, curiosamente na única derrota ata o de agora na tempada (0-1) fronte ó Abella B polo que era unha proba importante  ver como respondía o equipo o atoparse un gol abaixo no partido.
A partir da media hora de encontro o C.A.S.X. comezouse a parecer o equipo que nos ten acostumados nesta tempada, e aínda que o campo non estaba para moitas florituras, comezou a tirar liñas en ataque e a ser máis combinativo no seu xogo.
Mario Novo foi obxeto de un claro penalti a saida de un corner que o colexiado non viu logo de que o porteiro visitante Carro o arrollara literalmente na súa saida, corría o minuto 32.
Pirulo tivo o empate nas súas botas nunha xogada de estratexia que tantos puntos lle está a dar o Atl. Sobrado, logo de un corner, Naveira gaña a liña de fondo e da o pase da morte, Pirulo conecta o disparo pero a fortuna aliouse co equipo visitante e o esférico bateu no pao cando xa se cantaba o empate, minuto 40.
Cando se cumpría o minuto 45 Pablo Naveira foi obxeto de un claro penalti, nunha xogada similar a que sufrira Mario Novo minutos antes, onde de novo o porteiro Carro volveu a ser protagonista arrollando o pichichi do equipo marelo, o seu rodillazo na parte inferior da espalda foi sancionado con penalti. O executor sería Chino establecendo o empate a 1 no marcador antes de chegar ó descanso.
Na segunda metade o C.A.S.X. saiu mentalizado de que non podía facer uns 45 minutos similares se quería levarse o encontro. O cadro marelo comezou a facer bos desplazamentos de balón cara as bandas onde Fran, Jaco e posteriormente Dami eran auténticos puñais que se clavaban no corazón dos defensas brancos e vermellos.
O colexiado do encontro anularía un gol a Mario Novo no minuto 59 logo da saida dun corner o decretar fora de xogo.
 No minuto 62 chegaría o 2-1 logo de un bo desplazamento de balón de Chino a banda dereita para Fran que gaña a liña de fondo e da o pase da morte a Mario Varela que entrando de segunda liña e nun toque suave marcaba o que supón o seu primeiro gol da tempada. Volvía a calma ó Municipal.
Mario Novo volvería a ser protagonista no minuto 68 na saida de outro córner, nunha xogada similar a que lle anularon o gol minutos antes volvería a marcar logo de unha seríe de rexeites na área, desta volta o gol si subiría o marcador supoñendo o 3-1 dándolle esa calma necesaria o partido que supón ir gañando por 2 goles de diferencia.
Chino pecharía a conta goleadora no minuto76 logo de unha xogada persoal onde Naveira e Fran acompañaron perfectamente a xogada e fixeron dudar os defensas rivais pois non souperon se taparlle o tiro a Chino ou o pase os atacantes do C.A.S.X., o medio centro marelo quedou man a man co porteiro visitante e logo de un regate mandou o balón ó fondo da rede.
Aínda tería máis ocasións para marcar o C.A.S.X. a máis clara un xogadón de Fran que logo de arrancar en campo propio gañoulle en velocidade a toda a defensa do Mesón, no seu man a man co porteiro o tiro saiu rozando o pao dereito da meta visitante. Se chega a entrar sería o gol da tarde e sen dúbida que ese gol sería merecido pois para min, sen lugar a dúbidas, Fran foi o mellor xogador do partido na fría tarde de sábado.
Rematou o partido co resultado final de 4-1 que supón seguir sumando de 3 en 3. Para a semana o C.A.S.X. ten unha proba de lume pois visita o campo do segundo clasificado o Cire Melide que suma 3 puntos máis que a Máquina Amarilla. O partido nun principio será o domingo 4 de novembro as 16.15 horas no Municipal de Melide.

ONCE INICIAL: David, Miguel Combo, Piru, Esteban, Mario Novo, Anxo, Mario Varela, Chino, Jaco, Fran, Naveira.
BANQUIÑO: Isma, Dami.

Ningún comentario: