luns, 22 de outubro de 2012

Un doblete de Naveira sitúa o C.A.S.X. en postos de promoción de ascenso

Enorme o partido que desplegou o conxunto de Hassan na súa visita a un dos rivais máis complicados no seu campo da categoría: o C.D. Mesía.
O conxunto marelo foi moi superior en moitas fases do xogo baseándose no seu habitual fútbol de toque e na súa endemoniada velocidade de medio campo para adiante.
Antes do partido o porteiro David aqueixado en días anteriores de fortes dores no seu ombreiro dereito probou a ver se finalmente podería ser participe do encontro e afortunadamente superou a proba no quecemento polo que foi da partida no once titular da Máquina Amarilla.
Na primeira metade o Atlético Sobrado chegou con perigo varias veces a meta rival pero os seus lanzamentos non encontraron portería. As perigosas contras que Jaco e Fran exercían polas bandas con Chino e Mario Varela repartindo xogo non deron o froito desexado pese a ter un dominio absoluto do esférico, así pois as xogadas de ataque non encontraban a referencia ofensiva de Naveira. O Mesía buscaba un fútbol directo con balóns longos para os seus dianteiros pero a liña defensiva con Anxo, Esteban, Mario Novo, Miguel Combo e Piru estivo exquisita. Por detrás o cancerbeiro David, moi atento a todas as xogadas anticipábase a calqueira atisvo de peligro para a súa portería.
Con empate a cero goles chegouse o descanso. Con un Atlético Sobrado que non vía refrendado en goles o seu bo xogo ó longo dos primeiros 45 minutos.
A primeira gran ocasión da segunda metade tería Fran nunha boa xogada de equipo, O veloz extremo marelo dispuxo de un man a man co porteiro local pero o seu lanzamento coa perna zurda saiulle centrado o medio da portería e o cancerbeiro do Mesía acabou atallando o esférico.
O fútbol foi xusto co partidazo dos homes de Hassan e así nunha espectacular xogada logo de unha boa recuperación da parcela defensiva, Jaco recibe a altura do medio campo en banda esquerda, mete un pase preciso a precioso a Fran cara a banda dereita que aproveita ata chegar a 3 metros da liña de fondo onde da o pase da morte a Naveira que entrou coma un coloso no segundo pao e o pichichi marelo remataba o esférico ó fondo da rede diante de dous defensas e o porteiro local. Corría o minuto 62 de encontro.
Lonxe de especular co resultado favorable o C.A.S.X. quixo ir a por máis goles e 8 minutos despois daba unha estocada case definitiva  o encontro. Inicia a xogada Piru en banda esquerda, cédella a Chino a altura de medios, logo de safarse de dous rivais o centrocampista marelo mándalle un medido pase a Fran en banda dereita. Fran ve a entrada de Naveira o punto de penalti e colga un preciso centro, o killer do C.A.S.X. exerce un salto poderoso gañándolle a partida ó seu defensor e manda o balón a dormir ó fondo da rede por segunda vez na tarde.
Con este gol Naveira suma 5 tantos na tempada e eríxese como un dos máximos artilleiros da categoría.
Xa con 0-2 a favor Hassan comezaría a rotar o banquiño dando entrada a Maikel, Pedro, Javi e Dami.
A ocasión máis perigosa do cadro local chegaría no minuto 88 nunha confusa xogada a balón parado onde o esférico logo de varios rexeites pegou no longueiro da portería de David aínda que finalmente o propio cancerbeiro se encargaría de desbaratar.
Chegouse así pois ó final do encontro logo de 4 minutos de tempo engadido coa segunda victoria consecutiva do Atlético Sobrado que o eleva ó 5º posto que da acceso a xogar a fase de ascenso a 2ª Autonómica a final de tempada.
O conxunto de Hassan suma 11 puntos (3 victorias, 2 empates, 1 derrota) e sigue a 5 puntos do líder Cire Melide que esta semana gañou 2-0 no derbi fronte ó Toques CF.

Sábado visita o Municipal de Sobrado o Mesón do Bento CF a partires das 17.00 horas. Ó longo da semana falaremos da previa do partido.

ONCE INICIAL: David, Miguel Combo, Piru, Esteban, Mario Novo, Anxo, Mario Varela, Chino, Fran, Jaco, Naveira.
BANQUIÑO: Samu, Pedro, Maikel, Dami, Javi.

Noraboa a todo o equipo polo soberbio partido de onte.

ILLA ILLA ILLA, LA MÁQUINA AMARILLA!

Ningún comentario: