xoves, 18 de outubro de 2012

Xornada 6 CD MESÍA - ATL. SOBRADO

Achégase unha nova xornada ligueira para ó Atlético Sobrado Xuventude, concretamente a número 6 deste Grupo III de 3ª Autonómica.
Desta volta o equipo que adestra José Antonio Vázquez "Hassan" viaxará ata Mesía para enfrontarse a un rival que o ano pasado foi infranqueable na súa casa e que xogou a promoción de ascenso á 2ª Autonómica.
O partido fronte o CD Mesía terá lugar o domingo 21 de outubro e a hora de comezo está prevista para as 16.30 horas no Campo de As Mariposas. O encontro será dirixido polo Sr. Santiago Vázquez Passannante.
A priori todos os xogadores do plantel están dispoñibles para ser partícipes nun partido que de conseguir puntuar pode colocar ó equipo marelo en postos de promoción de ascenso.

Ningún comentario: