luns, 12 de novembro de 2012

Mario Novo: gol, éxtase e liderato

O guión do derbi Atl. Sobrado - Tambre ben puidera parecerse a unha película de intriga con final feliz para ó noso equipo.
O derbi resultou ser tan igualado como se preveía pero o protagonista principal foi un central cando seguramente se agardaba que fose algún dos dianteiros que estaba sobre o terreo de xogo.
Corría case o minuto 92 cando o partido estaba con empate a cero goles, co Tambre con un xogador menos por expulsión de Iago, a Máquina Amarilla apretaba para lograr a victoria e tivo que ser de novo en  xogada ensaiada onde o Atlético Sobrado encontraría o gol que lle daría a gloria.
O C.A.S.X. arrancou co mesmo 11 inicial que unha semana antes derrotara ó Cire Melide salvo a variación da entrada de Miguel Combo no lateral dereito por Pedro Penas.
O equipo marelo intentou levar o peso do encontro e a pesares de non dispoñer de moitas ocasións claras de gol sí que intentou máis que o seu rival conseguir a victoria.
Os tiros a portería do Tambre resúmense nunha xogada onde Iago lanzou unha lonxana falta que se envenenou e David tivo que desviar a córner.
Na primeira metade o Atlético Sobrado tivo 3 oportunidades máis ou menos claras, a primeira de Esteban en remate de cabeza a saida de un córner pero o cabezazo foise moi desviado.
A segunda nunha lonxana falta lanzada por Chino que Bruno, gardamallas visitante atallou sen problema e a terceira, e máis clara nun espectacular lanzamento desde a frontal de Chino que Bruno desviou con apuros, pegando no pao o esférico e saindo posteriormente a córner.
Na primeira metade o Atlético Sobrado reclamou penalti por unha man da barrera dentro da área logo de un saque de falta lanzado por Esteban.
Así se chegou ó descanso.
Na segunda metade o Atlético Sobrado incrementou o seu dominio de posesión do balón, ben é certo que nos primeiros minutos da reanudación ningún equipo conseguiu crear verdadeiro perigo. Co paso dos minutos, Hassan fai un cambio de posicións que resultaría fundamental. Pasa a Jacobo para o lado dereito do ataque deixando a Dami que entrara minutos antes por Anxo na esquerda.
O Atlético Sobrado comezou a cargar o ataque por este lado provocando numerosos córners. No minuto 65 chegaría outra xogada polémica, Naveira que recibe un bo pase o oco de Mario Varela encara portería e é derribado con unha clara zancadilla por Cristian dentro da área que o colexiado non  quere ver para desesperación de todo o cadro marelo.
Posteriormente o Tambre reclamaría man de Esteban dentro da área nun ataque do cadro rosa.
Iago por unha dura entrada a Chino e un posterior bloqueo  para parar unha veloz contra marela foi expulsado no minuto 74 por doble cartón marelo quedando así en superioridade o noso equipo.
Hassan volve a mover ficha e vai de cabeza a polos 3 puntos mandando para o ataque a Mario Novo e deixando so unha liña de 3 defensas con Maikel, Esteban e Piru. Abofé que de novo a decisión técnica foi acertada...
O C.A.S.X. seguía insistindo con ataques e o Tambre achicaba auga como podía, se ben é certo que nun mal despexe do porteiro David o Tambre puido ter a victoria nos pes de Carlos Suárez pero no momento de chutar resbalou volvendose a facer David co esférico.
Logo de varios córners e cando xa parecía que o resultado inicial non se movería surxiu o protagonista do partido: Mario Novo.
Minuto 91 e 47 segundos, Mario Varela disponse a executar un córner, marca xogada, unha xogada tantas veces traballada nos adestramentos, o saque é perfecto sobrepasando a defensa e o porteiro do Tambre, alí aparece a testa de Mario Novo para mandar o balón a dormir ó fondo da rede. Nese momento equipo marelo, corpo técnico e o sector da grada onde estaban os siareiros marelos volveuse literalmente tolo, nunha explosión de alegría e éxtase xamáis vista no Municipal de Sobrado. Un Municipal que presentou unha entrada de luxo (máis de 200 espectadores) nunha fría tarde de novembro nun partido de 3ª Autonómica... para sacarse o sombreiro.
Todos os compañeiros se abalanzaron sobre Mario Novo, un Mario Novo que entraba na historia do pobo con letras de ouro o ser o primeiro xogador da historia en marcar nun derbi de Sobrado.
Unha vez reanudado o xogo o colexiado permitiu un minuto máis de xogo e cando o C.A.S.X. se dispoñía a lanzar outra perigosa contra decretou o final do encontro coa explosión de xúbilo de todo o plantel e afeccioados marelos. O Atlético Sobrado gañaba o derbi e era líder provisional da Liga a espera dos resultados do día seguinte.
O equipo festexou a victoria e o liderato sobre o terreo de xogo e posteriormente nas duchas, amosando que este plantel é unha verdadeira piña e que o ambiente que se vive este ano desde a pretempada neste vestiario é sencillamente de 10. Un servidor que leva 15 anos nesto, xamáis veu no equipo o bo ambiente que hai esta tempada, e resultados deportivos aparte, ese ambiente do que falo é o que máis me enorgullece de ver. O equipo está unido tanto dentro do campo (non hai máis que ver as ganas coas que se afrontan cada adestramento) como unha vez rematados os encontros, eso é co que nos temos que quedar, e todo esto conseguiuse grazas o esforzo de todos.
A tarde de onte douse ben para o C.A.S.X. e favorecerono os resultados dos diferentes partidos dos equipos da parte alta da clasificación, así pois lidera con 20 puntos este Grupo III empatado co Vizoño B aínda que o Atlético Sobrado ten mellor diferencia de goles que o equipo de Abegondo.
Para a seguinte semana o equipo marelo visita o campo de un rival complicado, o Encrobas CF que este ano reforzouse con xente de categorías superiores como Rubio, Vicente ou Canedo e que está loitando por entrar nos postos que dan acceso á promoción de ascenso. Onte amosou que vai ter moito que dicir durante a tempada logo de gañar 2-3 no Vedral ó Abellá B e seguro que o domingo será un rival moi difícil para un Atlético Sobrado que con esta suma a súa 5ª victoria de xeito consecutivo.
Desexarlle sorte o Tambre e animalos porque estou seguro que se xogan coas ganas que puxeron o sábado os resultados chegarán. Son un gran equipo e así o demostrarán co paso das xornadas.

DAR AS GRAZAS UNHA VEZ MÁIS A XOGADORES, OS COMPAÑEIROS DA DIRECTIVA, ESPECIALMENTE A HASSAN E PETETE E COMO NON, ÓS NOSOS SOCIOS E SEGUIDORES. PORQUE ESTAS PEQUENAS PINCELADAS DE FELICIDADE QUE NOS ESTÁ A DAR O ATLÉTICO SOBRADO ESTE ANO É O TRABALLO DE ANOS ATRÁS, TRABALLANDO DESDE A BASE, UN TRABALLO QUE POUCAS VECES É RECOÑECIDO NIN TAMPOUCO VALORADO. COMO DIXEN ONTE NO FACEBOOK DO EQUIPO, ESTE MOMENTO E ESTA VICTORIA VAI PARA TOD@S ES@S QUE SEMPRE NOS APOIASTES E NON NOS ABANDOASTES NOS MOMENTOS DIFÍCILES. VOS TEDES UNHA PARTE MOI IMPORTANTE DE ESTE LIDERATO. PROMETEMOS SEGUIR ADESTRANDO E DISPUTANDO OS PARTIDOS COA MESMA ILUSIÓN PARA PODER IRVOS BRINDANDO ALEGRÍAS CADA FIN DE SEMANA.

GRAZAS!!!

Ningún comentario: